Agora leo o que escribín e… eu quería falar de morsas. En serio.

chuck_norris_.gif

Vamos a ver, ¿non tiña que haber xa unha retransmisión do partido da AXDPP Vs Selección de Namibia? ¿Que pasou? En fin, en fin… Cómo descuidamos os deberes… mu mal mu mal.

“Un pouco de dereitismo ben entendido favorece as películas de acción”. Boa frase, ¿eh? E ben certa. Pero non é miña.

Porque a ver, ¿quen mola máis, Harry Callahan ou Serpico? (haberá quen se pregunte quén carallo era Serpico: pois eso…).

Se o heroe se anda con -digámolo con todas as letras- mariconadas, ¿cal é a puta gracia? Pode estar ben para pelis como “todos os homes do presidente”, peli que hoxe en día é un coñazo insufrible, non por isto senon porque “A Min Qué Me Contas do Puto Caso Watergate, tio?”. Pero se o que importa é a épica, xénero inmortal, vas de cú se o prota non se carga/deixa adecuadamente inconsciente a hostias a unha masa importante de contrincantes.

Agora vivimos neste residuo do século XX que algúns deron en chamar século XXI, e se algo se sacou en limpo desta era de Guerras Mundiais e Muros Xermanos foi a corrección política. Para ben e para mal, ollo. Co século XX, rematouse aceptar tan de boas a primeiras o ollo por ollo e a lei do máis forte. Deixaron de aturarse aos caudillos, vasalos e as fascistadas varias. E isto estaba ben se non fose porque seguíamos precisando relatos, porque anque agora teñamos algo máis de senso común aínda somos humanos.

E se hai algo que nunca cambiou ao longo dese camiño tan asquerosamente pesado chamado Historia foron as historias e a nosa querencia polo patrón básico “tío chanas de puta nai zurra de hostias ao malo, fódese á tipa”, ou xénero epico, ou de aventuras, ou heroico, ou como se lle queira chamar. Houbo variacións, claro está. Nos relatos gregos non fodían coa Tipa, senon que ou non fodían ou fodían con tododios. No medievo eran máis básicos: o heroe collía o cabalo e cortaba moros pola metade. Volvía a casa, rezaba e collía o cabalo outra vez. O escritor romántico inventou ao anti-heroe, o home escuro e misterioso cunha vida sexualmente difícil que segue tendo éxito hoxe. A finais do XIX empezou a ser corrente que as mulleres fose heroínas (claro que non eran os primeiros casos, of course. Xoana de Arco xa estaba ahí-os gabachos sempre foron raros-). A forma cambiaba. O púlico esixía distintos enfoques. O contido básico nunca mutou.

Pero claro, no século XX empézase a apreciar unha cousa importante… todo ese rollo do heroe de puta nai que (pola vía políticamente correcta ou non) seguía as súas propias reglas e ao final alcanzaba resultados positivos… soaba algo facha, ¿non?

¡Puta mierda! ¿Entón que? Se xa non se poden facer historias de tios guais que tronzan ao malo pola metade porque non é correcto de todo ¿de qué falamos? O mundo dividiuse en 2. Crede, se alguén tivo o valor de ler ata aqui, que este foi o verdadeiro Cisma de Occidente. E unha das máis catastróficas consecuencias deste vacío de poder naceu pola necesidade que tiñamos de sustituír estas narracións “ideolóxicamente perigosas”: a historias “moralmente comprometidas” fixéronse fortes.

Fixándonos no cine, temos híbridos entre as historias de heroes de toda vida (“de toda a vida” é un dicir, posto que sempre foron evolucionando) como a xa comentada “Serpico”, Peliculón setentero no que Pacino é un poli greñudo e progre que fala e pensa moito.

E temos cousas que non son híbridos. Como o chamado “cine social”, un xénero destinado a volver ao fango de onde saiu antes ou despois e a resucitar de cando en vez, posto que NADA pode derrumbar as historias clásicas de heroes de toda a vida.

Entón, ¿é necesario un pouco de fascismo pra dar caña ao asunto, meus esquerdistas amigos? Digo que si. Seguindo con exemplos de cine, fixémonos en que tanto pelis en principio inocentes e familares tipo “2 homes e un destino” como directamente catalogadas fachas ao estilo “Robocop” precisan a súa dose de extremismo que xustifique aos protas. ¿Cómo se vai mover o heroe, ou antiheroe, se non vulnera os principios básicos da sociedade que impiden, por exemplo, que nos fagamos cargo nós mesmos dos memos que descuartizaron á nosa familia? Por iso hoxe é máis aceptable facer a historia dun asasino que clama vinganza (Kill Bill) que a dun militar en principio honrado que fai o propio (Rambo). E honrado, nestes tempos, significa non facer aquilo que sempre fixo un heroe: coller o cabalo e cargar conra o inimigo. Hoxe en día precisamos que o heroe de turno se mova nun ambiente que o xustifique para poder empatizar sen sentirnos culpables, sexa ou ben a Terra Media ou o Escuadrón Asesino Vívora Letal do amigo Tarantino. Pero, cona, éche o mesmísimo esquema que o dun pañoco furando uns sesos terroristas en Nakatomi Plaza.

Así que, por favor, se ves a John McLane matado soviéticos, podes e incluso é posible que debas chamalo facha. Pero non te enganes. Aragorn faría ao mesmo. Sen a adecuada dose de facherío ben entendido á hora de narrar, imos quedar sen relatos épicos da nosa época que donar ao futuro. ¿Qué clase de época destrúe así un dos patrimonios máis lonxevos da humanidade, as historias de tíos chanas? ¿Tan difícil é a suspensón  temporal de incredulidade?

Nótese que o meto todo no mesmo saco. Pero evidentente hai niveis e niveis de calidade, pero isto non ten que ver co que estiven esbardallando. Tamén ha que facer notar que si,, si, que hai cousas directamente fachas. Predator é unha peli coa que disfruto como un enano, pero manda carallo co Tío Chuache e o seu Escuadrón Machote Plus.  Rambo II e III son 2 pelis de ver/quedarse sopas magnífica e sórdidamente construídas a base dunha caralluda testosterona neonazi, asi como “Soviet: La Respuesta” era unha testosterónica resposta soviética a Rambo (para o estándar dunha peli de acción soviética. Uséase, un coñazo). Pelis con Un Par.

Con iso último apunto tamén que… qué dano lle fixeron os ianquis ao xénero, que xa non poden os nosos heroes pegarlle un tiro ao malo sen que esté mal visto. Tsk tsk. Intelectuales blandengoides…

Menos mal que nos quedan os Power Rangers.

4 Comentarios

  1. búscate un hobby e non marees…

  2. É que o meu hobbie é este.
    Ese ou Frodo Bolsón, non ta claro.

  3. que te compres un yo-yó

  4. Si, vou pasar de ler isto


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixa unha resposta a as flores cheiran a ghotelé Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s