RADIOMONO ESTÁ DE VOLTA

¡Bós días, cidadáns de New Starfield e Barna City! Radio Mono saúda un novo día gris nas cidades do blues e trae novas frescs pra mollar no café recén feito.

A primeira nova é que se achega o nadal e, con este, o Culto Anual ao Zombie do Cortello. Os Tres Sabios Orientais Versados en Artes Arcanas traerán presentes aos nosos fogares gracias a unha serie de sacrificios en honor ao Gran Sagoth o Perverso.

Parece ser que a Policía Orca do distrito de Mordor atopou por fin o Anel Único, en estado case carbonizado, nas inmediacións do famoso mirador do Monte do Destino. Ao parecer, cámaras de vixilancia do Monte do Destino captaron imaxes dun grupo de de xóvenes delincuentes pertencentes á banda “Hobbit” lanzando deliberadamente o anel a un mar de lava no fondo do volcán. No encontro grávase ademáis a mutilacion dun deles e a morte doutro, polo cal se cre que podían estar en estado ebrio. O dono do anel, Sauron, Señor das Tebras, non quixo comentar se emprenderá accións legais, pero si que se mostrou “moi disgustado”, engadindo ademáis que “cousas así non deberían pasa hoxe en día” e que espera algún tipo de disculpa por parte de Gandalf o Branco, a quen considera responsable. A policía xa se puxo en contacto cos familias de dous dos delincuentes, Sam Gamlli e Frodo Bolsón, e intentará, en palabras do Comisario Saruman, “chegar ao fondo do asunto”. Ampliaremos detalles nas noticias das 10.

Por último, engadimos que a nosa fe se segue extendendo. ¡Loor ao Mono!

Agora, de 9 a 9, procederemos a por a banda sonora orixinal de Radio Mono en bucle continuo para favorecer o cáncer de neuronas: 

2 Comentarios

  1. Merda, quero ter bigote

  2. eeeeeeeiiii
    encantoume iso da policia orca e todo iso dos tlotr,moi bunito, nn entendo a conto d q vn xo como q da =!

    bkos (Bea)

    x q o do bigote?

    molan as vosas idaas de olla


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s