O último marciano pasea preto dos vales centrais de Marte, adornados pola luz do sol que baña os enormes templos vermellos erguidos nos albores das primeiras idades, de cando as guerras entre marcianos brancos e marcianos verdes mancharon o chan de sangue e lle deron esa cor ao planeta. Non sabe gran cousa do pasado do seu pobo, e prácticamente nada da era na que foron construídos os templos, así que agocha a cabeza de xeito confuso e olla ao outro lado, ás ruínas dunha extractora abrasada habitada agora só por uns cantos cabalos carnívoros que o ollan indiferentes.

Pasea un anaco pola area vermella e penetra nos pasadizos esféricos do Gran Canón de Néboa. Os vehículos acristalados dos taxistas están alí, esmagados e renegridos e semifundidos sobre a rocha, e algúns aínda ocupados polos corpos carbonizados dos seus pobres ocupantes. Pisa algún corpo fosilizado de camiño ás salas superiores da cidade, onde non espera atopar máis do que atopa.

A avenida deserta coñece á fin a calma, e xa non se disfruta máis o discurrir da auga polos longos canais de Marte. Os postos de comida xa non tocan as súas bocinas nin penduran no ar as cabinas de luz. Agora xa só resta un silencio intranquilo, un cheiro inverosímil a ozono, e a herba alta e púrpura atravesada en silencio polas ratas.

O último marciano mira arredor de sí e xa non pensa nas mulleres, fillos e esposos que perdeu. As bágoas por eles xa as botou todas e os marcianos non son moi dados a chorar. As poesías post-mortem que lles debía xa llelas leu antes de comezar o seu paseo. E a estas alturas xa só lle queda no corpo a sensación nostálxica de quen sinte que quedou só.

Toda a sangue verquida en Marte ao longo dos milenios. Todo o traballo duro de todas as xeracións. E ese esforzo contante por mellorar cada nova era respecto da anterior. E a Arte marciana, gardada agora en cámaras que seguramente non volverá a pisar ninguén agás a sombra deste marciano anacrónico que xa non ten nada que contar a ninguén. Todo aquilo que significou algo para un pobo enteiro: bandeiras, símbolos e ideais. Todas as cousas que coñeceu e o que non tivo tempo de aprender. A xente. As voces. E a sensación de ser inmortais.

¿Foron un soño?

 +-+-+-+-+-+-+-+-+-+-+-+-+

Os Monitos Efervescentes, en colaboración coa A.X.D.P.P. , piden a través desta moralexa a toda a humanidade que non faga como os marcianos e non se extinga. Sería como ter perdido o tempo todos estes anos, ¿capice? Por non mencionar que seguramente todo isto sería moi aburrido sen nós. 

Agora, ¿quen trae un par de cabras para o sacrificio?

8 Comentarios

  1. Hummmmm…diría que os monitos que habitamos en Santiago non somos os únicos que viron o trailer de “Soy Leyenda”…………..pi pirí pipí(8)…aquí mi fusil…piribiribí(8) xD

  2. -Eup… pois equivócase vostede.
    -Si si. Ante tal acusación, poñámonos serios.
    -“Soy Leyenda” é un dos Libros Frikis por exelencia, monamí.
    -Si, sí. Relímolo, relímolo hai nada, non hai dúbida.
    -Sí. É curtiño e todo. Ata se pode lr por interné sen que estalen as córneas.
    -Bueno. Pero a cousa tampoco ven de ahí, ¿non?
    -Claro que non, ¡non!
    -Ven de que lemos demasiados cómics.
    -Exacto, e…
    -..gústanos demasiado o personaxe chamado J`on J`onz, o Detective Marciano. (escríbese así?).
    -Mexa Culpa.
    -E claro, o pobre sempre foi o Último Marciano, torturado por non ter a ninguén con quen falar do asunto.
    -¿Comentei xa que mundo coñecido remata no 2012?
    -Si.
    -“Pueblos el mundo, extinguíos”.
    -Ei, tes que ver K-Pax. Vina onte e farda tres güevos.
    -Ahá…
    -Will Smith… Pfffffff… qué falta de clase.
    -Si. Infórmese antes, idoto.
    -E van facero remake de “Metrópolis” de Fitz Lang… e dicían que a paranoia apocalíptica acabara ao caer o muro.
    -Por certo. Vou facer un comentando do libro, se lle parece ben ao respetable.

  3. Paspán, referíame ao trailer como mecanismo de activación do recordo da existencia do libro.

    Efectivamente, lee vostede demasiados comics, de ahí que sexa un freak que está nesta páxina de frikis organizados autistas comentando un post friki.

    O respetable decidirá cando sexa menester se o comentando do libro pode ou non ocupar o preciado espazo neste blog.

    Orvuá.

  4. Oigs…

  5. -Ei, ¿os peidos pesan?
    -Non.
    -Entón cagueime.

  6. *·~

    gUstÖme ^^

    *·~… k*a …~·*

  7. Gústaste?

    UuuUuuUuuuUuuUuuuÚ

    ¬¬

    Wep Wep Wep

    Marcianito Nº4033 llamando a Marcianito Nº4034….bip bip!

  8. Eu tamén me gusto.
    Anque teño que recoñecer que ás veces son un pouco fillo de puta.


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixa unha resposta a 2 morsas Cancelar a resposta