-Tsk, tsk, tsk…
-Que tes?
-Eu nada!
-Entón para que fas “tsk”?
-Non podo?
-Si oh, pero terás algún motivo…!
-Non estamos nun país libre?Acaso non podo tskear se me sae dos güevos?
-Poder podes oh!Pero eu preguntaba por se pasaba algo!
-Porque es un cotilla.
-Buenooooo….Pois a próxima vez non me preocupo eh!
-Queres deixar de protestar?
-Pero se empezaches ti!
-B’oh…non me toque-la moral!
-Bueno pero que ostias pasa?
-E tes valor para preguntalo!?!?!?
-Vaaaale, vaaaale…xa o pillo, mellor falamos do tempo eh?
-Pero mira que es parvo…fixen “tsk” porque estamos ben fodidos!A ver cómo explicamos isto…
-O que?
-Hoxe estamos espesos eeeeh?!Que acaba de pasar?Estás na berza ou que?
-Ah!Sí bue, iso…
-“Ah”,”Ah”…retrasado…
-Oooooooi…tomáchela comigo hoxe…ta ben…
-Mira, deixate de subnormalidades, que estamos ben metidos no lío…O Josefo morto, xunto cos catro pseudoelefantes tirabuzón…Federico perdeu un ollo e ten unha perna seriamente dañada…moito me temo que haberá que amputar…os do escuadrón penerele non están por ningures…e o máis probable é que se desintegraran ca explosión do termo…malditos tricerátops…quen ía imaxinar que meteran semellante animalada nun termo de café?…Isto deixa ben claro que nunca tiveron boas intencións…evidentemente o Pacto dos Dez Discursos queda completamente anulado…a tomar polo cú…seremos os fulanos máis jodidamente afortunados dos 6 protopranetoides se saímos con vida…
-Pero non tivemos nada que ver!A culpa non foi nosa!
-E a quen lle vai importar iso?Con tal de ter culpables, as cousas marchan ben…e só estamos nós.
-Pois veña!Corre!Aínda estamos a tempo de marchar e escondernos!!!
-Non te engañes, sabes perfectamente que xa están de camiño…saben que estamos aquí, e sabrán cara onde nos diriximos.
(…)
-Mira iso!
(…)
-Miña madriña!Pensabamos que eramos os únicos!Estamos ben jodidos sabes?Qué pasou ca túa cara….?
Deixar un comentario
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta