Eu estou caendo moi baixo e seino e disfrutoo e tal e cual…

Curioso, ¿que me pasou?. Aos doce anos eu era un cultureta. Podía tragarme as tres do Padriño nunha tarde, ver Ciudadano Kane e pedir doble ración das miñas pelotas pra rematar. Ata non lle facía ascos a esas pelis-patada no coxis da nouvelle vague. Incluso traguei algo de dogma (era xove e inconsciente. Logo madurei: e iso é o que distingue a un gafapasta dunha persoa adulta).

Agora… agora…

Quero ver isto.

E sobre todo isto.

¿É moi grave?

(E non, non me gusta Amelie. Pero iso non ten que ver co meu dexenere. Iso é porque, como xa dixen, un ten que madurar e distinguir cando a un o toman por parvo intentando colar algo supostamente intelixente).

(Como sexa, tampouco me gusta Von Trier).

(Boh…).