A culpa téñenas as webs frikis hispanas (suficientemente frikis pra ser coñecidas como “a frikiesfera”).
O Día Mundial do Traxe de Gorila é unha tradición milenaria que ven sendo celebrada tódolos días 31 de Xaneiro dende o A.D. 2006 na frikiesfera, e caracterízase polos posts adicados a gorilas, as entrevistas a gorilas, as disertacións sobre gorilas (ou sobre traxes de gorilas) e, por suposto, porque as rúas se enchen de xente disfrazada de Gorila.
¿E por que? ¿Por que as webs frikis españolas celebran tan Magno Día dende o 2006? Pois por un lado sei máis do asunto que a maioría dos frikiblogueiros, e por outro sei moito menos.
Sei que se se comezou a celebrar de forma anual é por honor ao Excelso Don Martín. E, ¿quen é Don Martín? Niputaidea. A información máis extensa e detallada que conseguin sobre del foi:
“(…) es uno de esos señores que hacía monitos en la nueva revista de Planeta, pero ya no”.
Por outro lado, frikis e gorilas sempre tiveron historia común. E non falo só de King Kong, claro precedente das produccións frikis actuais. Non. Basta dicir que en DC cómics, nos 50, descubriron que cada vez que aparecía un simio na portada subían as ventas do título de forma considerabel. Isto é unha tradición aínda respetada hoxe e que incluso traspasou fronteiras. ¿Por que, se non, triunfou Son Goku? ¿Por que o Donkey Kong? ¿Por que o Planeta dos Simios? ¡Gorilas!
O Tótem dos Frikis é o Gorila.
Motivo suficiente, supoño, para resucitar o Día Mundial do Traxe de Gorila.
¿Dixen resucitar? ¡SI! Porque coma sempre (e velaquí a miña información privilexiada) as cousas veñen de atrás, e implican nada menos que aos Profetas do Preefervescentismo Cartesiano: os chavales de Siniestro Total.
Porque, mirando na wikipedia a entrada sobre Siniestro, cál non foi o meu estupor ao ler:
¨(..)De modo que en noviembre de 1983 sale a la calle publicado de nuevo por DRO el segundo disco del grupo, que se titula simplemente Siniestro Total II: El Regreso(…) Nada más salir el LP, el grupo organiza una fiesta en la que Antón Reixa ejerce de presentador y aparecen Pepo Fuentes, Juanma y Gerardo disfrazados de gorilas, con lo que se le llama «Día Mundial del Disfraz de Gorila».¨
So…
Porque somos Monitos…
Por Siniestro Total…
Por Antón Reixa e colegas…
Polo grande e digno Don Martín…
FELIZ DIA MUNDIAL DO TRAXE DE GORILA!