En Monitos Efervescentes temos tanta clase que mexamos champagne

Ai, Nancy,Nancy, Nancy…  incorrexible.

A boa de Nancy Sinatra quedou tan entusiasmada tras o seu paso polo estudio de Monitos Efervescentes S.A. que non tardou en recomendarnos nada menos que ao seu papá, o finado Frank Sinatra.

O home non o pensou dúas veces.

A cousa sucedeu así:

Estou eu tomándome un baño no jacuzzi da terraza, na miña mansión con vistas ao amañecer do Mediterráneo, e a miña criada #4 traeme nunha bandexa o meu teléfono de ouro soando a máis non poder soar.

Total, que deixo o martini seco (axitado, non revolto) no borde e dígolles ás dúas modelos austríacas que me acompañan que garden silencio, facendo gala da miña habilidade políglota formada nos campus de Cambridge.

E, ¿quen está ao outro lado? Nin máis nin menos que o Grandísimo Frank Sinatra, a Voz, suplicando por poder aparecer no noso show de medianoite.

-Non sei… señor Sinatra…- dixen apurado.

-Chámeme Frank, por favor, Señor Monito Efervescente Plus 2.0… ¿non pode facer nada?

-Pois ti chámame Deus, Frank… todos me chaman así. Verás… teríao que falar cos outros Monitos, e prometéralle a Martin Scorsese que lle faría unha entrevista… temos que contentar aos patrocinadores, ¿entendes?

-¿E que pasa co amor ao arte?

-¿Eh?

-O espírito libre que bate forte as súas ás dentro de nós e nos impulsa a levar o Arte, cargado do mellor e do peor de nós mesmos, máis aló das barreiras habituais: ¡ao corazón mesmo da humanidade!

-…

-…

-Buff…

Así as cousas, e cunha bágoa por valor dun millón de dólares baixando pola miña suave meixela de porcelana, accedín emocionado.

Con todos vostedes, vida do máis aló…….. A Voz!

Poñan os smokings, cabaleiros.

Señoras, señoritas… estarán radiantes con eses vestidos…

Frank Sinatra, ¡¡”My Way”!!

Clapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclap!!!!

Unha vez máis, de nada, mundo.

INAUGURAMOS SECCIÓN E PALMAN 2 GHICHOS

Da grande, aplaudida e amada categoría “novas novas” deste Blog Amado por Deus nace una categoria do trinque, que co noso probado dinamismo, audacia, imaxinación e bo facer chamareeeeemos…

¡¡¡¡NECROLÓXICAS!!! Seguir lendo