INAUGURAMOS SECCIÓN E PALMAN 2 GHICHOS

Da grande, aplaudida e amada categoría “novas novas” deste Blog Amado por Deus nace una categoria do trinque, que co noso probado dinamismo, audacia, imaxinación e bo facer chamareeeeemos…

¡¡¡¡NECROLÓXICAS!!!

Soa divertido, ¿eh?

Primeiro friame do día: Heath Ledger.

¿Quen é? Pois un señor que ata que fixo de vaqueiro zumbón en Brokeback Mountain era coñecido por ser “o rubito zumbón de Destino de Caballero” e outras lindeces.  Peeero agora, agora… agora ata ometía ser bo actor, e todo parece indicar que fixo un Joker a-co-jo-nan-te na nova peli de Batman.

“Palmaría da impresión de facelo tan guai”, diredes. Posnó. O tipo era coñecido por ser algo notas e intentar suicidarse un par de veces, pero como non era nada serio pois riamonos del e xa. Parece ser que o atoparon en pelotas na cama rodeado de bat-pastis. Tiña 28 tacos e empezaba a deixar de dar asco. Unha pena.

Pero eh.

Agora coñece a Napoleón e nós non.

Descanse Efervescentemente.

 

(PostData: eu creo que en realidá foi Jack Nicholson, doído de que aínda non se estrease a peli e a xente xa prefira o Joker do finado antes que o seu. Pensádeo ben: a carreira actual de Jack da asquito, a do vaqueiro gay comeza a mellorar e, admitámolo, Jack nunca tivo pinta de mentalmente san).

 Cadáver Number 2: Albert.

 E quen era Albert?
Pois un ghicho de 33 tacos, xefe do clan Plataniu no xogo Lineage II, que un bó día decidiro atacar, resultando en titánica batalla contra o clan dos  Coo-clocks.
E isto que carallo importa?
Pois ben, a loita tivo coma consecuencia a morte dun integrante dos Coo-clocks, que quixo venganza e, nun encontro real co tal Albert, este resultou ferido gravemente, morrendo de camiño ao “jóspital”.

E sabedes onde tivo lugar?En Ufa.
E iso onde queda?En Rusia, a que agora entendedes mellor os feitos?

Os Coo-clocks son, ao parecer un grupo de niñatos  adolescentes(xa ves, Albert, estas cousas pasan por non tratar cos da túa edá), e, todo hai que decilo, a súa máxima é digna de admiración:

“¡Batir a todo lo que se mueva y a todo lo que no se mueva, moverlo y batirlo!”

O acusado parece ser que, fora de parecer estúpido e mentalmente deficiente/defectuoso/incapacitado, confírmao ao referirse á mencionada norma cando se lle preguntan os motivos, do mesmo modo cos seus compis.

Oyes, son rusos, teñen as neuronas en cubitos de xeo e o vodka non perdoa.

 

O Capitán da Selección Nacional de Xogadores Deformes de Pin-Pón comentaba ao respecto:

“Non o entendo, deixamos a pel(literalmente) en cada partido para enganchar aos rapaces, que lles entre o gusanillo e xoguen ao Pin-Pón, crear afición, pero segue ocorrendo, creo que o problema está en que o noso maravilloso deporte non chega a tódolos rincóns, deixando un terrible baleiro alá onde máis falta fai. Estamos asolados polo ocorrido, de modo que temos previsto realizar un partido benéfico en colaboración con Monitos Efervescentes S.A. en honor aos difuntos deste primer post Necrolóxico.”

 

Un post por Mekamono, pilotado efervescentemente para a ocasión polo Monito Efervescente Number One e o Monito Efervescente Plus 2.0

mekamono

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s