Buf…
Pero Buf, buuuuuuuuuuufffffff…
Qué peli máis malérrima, ou sexa…drogas…pero drogas a dolor…iso é o que pensas cando a ves.
Vale, hai pelis que dis o mesmo e oyes, non están tan mal, ou sexa…ben, pero…esta non! E pode ser por varios motivos:
1-As drogas foron de máis, ou non eran adecuadas, ou quen sabe que tiñan, que non axudaron/non tiveron o mesmo efecto que en outras pelis.
2-Pode que en realidade, o resto de pelis deste tipo(tipo “drogas”) chegan á post-producción, e ahí xa non están drogados, e din “bu, mellor cambiamos un par de cousiñas”, e así a peli acaba algo decentiña.
Pois ben, en Monstruoso, os de post-producción tamén tiñan un ciego do quince.
Porque está claro, cando pensaron esta peli, debían de decir “bua si, e entón neste momento metemos tal plano e xa veredes que chulo e tal e cual”…Pois penso que unha vez rematada a peli, de non haber drogas polo medio, dirían algo máis do tipo “uf…igual non foi boa idea…isto…eh…ufff”.
E mira, tería sido moito mellor que ao ver o resultado, deixaran a peli olvidada, ou mellor, que destruiran todas as probas da súa existencia…e cando chegase o momento de entregar a peli acabada dixeran “bue…é que…non a fixemos…gastamos o presuposto en irnos de putas”, terían quedado moitírrrrmo mellor.
Pero non, chegado o momento, debíronse romper mil, e a saber que tomaron para que a cousa chegara ás pantallas.
Nos primeiros 5 minutos xa sabes que a peli é unha merda, e es completamente consciente de ter sido timado.
Ah, sí…por se alguén non o sabe:
Argumento:
Un becho tremendo ataca Manhattan, e uns jichos intentan escapar/sobrevivir e levan unha cámara, grabando todo o que pasa. Para que sexa cool, a peli é coma se dita cinta estivese a ser visionada nalgún organismo do goberno dedicado á investigación sobre o acontecido.
Vamos, coma Godzilla+The Blair Witch Project, pero a diferencia de Godzilla, aquí o becho sae de refilón…e nótase a saco que o tiñan claro, porque non se esforzaron nin un mínimo en facelo algo decente.Unha merda de becho coma unha catedral(ha ha ha, que chiste ¬¬).
O mellor da peli, é o momento no que hai música durante os créditos…A peli non ten banda sonora, e cando acaba parece que tampouco os créditos terán música, pero si, ao final haina(nese momento no que xa case todo dios marchou da sala).
Se a pesar de ler isto, vedes esta peli…Contade as veces que decides/pensades “vaia merda de peli” ou “que peli máis mala” e derivados.
Tongaporimansinada.
5 Comentarios
Hai pelis de malas que se poden ver, hai pelis malas que non é recomendable velas, hai pelis malas que non se deben ver, hai pelis malas que non se poden ver, hai pelis malas que é delito ver. E está Monstruoso, que é millor ignorar que existe.
(quero os meus 5,40€ e que as raccións de nachos sexan o doble de grandes, e que a slasa sepa a algo, ah, e bandexas en plan avion/tren no asiento de adiante)
Ala, xa me aforro facer un post.
BUH! peropero…non pode ser peor que Transformers!! Ou que TMNT!!
(ainda que esas pertencen a unha categoria aparte: “blockbuster veraniego”)
No es país para viejos.
Pozos de Ambicion.
Sweeney Todd.
Psé… elexiron unha mala data para botar Monstruoso. En comparación todas son malas.
E, por certo, a min a excusa de “drogas” cada vez me vale menos.
Agora vai resultar que as pelis malas son culpa da droga. Si, home. Por esa regla de 3 a maioría dos cineastas son uns drogatas…
…
…
uhm…
…
¡Pero non! Máis ben é ao revés. Con drogas podes acabar facendo obras mestras (¿que? ¿que coppola nunca se meteu?bwahahaha, inocentes…), obras de culto (rocky horror non puido ser rodada sen ácido) ou serie b descojonante (death race é o máis similar a un mal viaxe cinematográfico que se me ocorre, asi a bote pronto).
Pero non fas pelis destas.
So…
Everybody most get stoned!
He dicho.
E xa pra rematar, Sr SM… Hai pelis malas que HAI QUE ver.
Ou o que é o mesmo. Son XENIAIS!
SM non é un señor, é unha editorial.