Eu a triloxía teñoa en vhs, en galego. Dunha vez que a botaron na tvg durante 3 dias.
-Písalle a fondo, ¡tapón!
-¡Piso canto podo, doutor Jones!
Bu, qué tempazos.
O caso, que si. Xa está o trailer da cuarta.
En Monitos Efervescentes ofrecemos 3 posibilidades:
Trailer en alta definición (quicktime) aquí.
Trailer de bastante boa calidade e sen mierdas de quicktime aquí (eu vería este)
E o de calidade youtube aquí:
¿Que saquei en limpo? Pois que qué asco de puta bandeira ianqui “ovnipresente” (jajajaja,qué xogazo de palabras) e que algunhas escenas parecen dun videoxogo. Pero eh. Ten sombreiro, ten látigo, ten o nome do seu can e segue sendo clavado a Harrison Ford. Indiana Jones` back!! (pra os que non saibades inglés, isto é: “a espalda de Indiana Jones!!” -qué xogazo de palabras, again-).