Con la mirada perdida, el jinete y su caballo se acostumbran al amanecer.

Os que precisen un Impreso 4B-j deben acudir de inmediato á sala de plumificación, Seguir lendo

Traga un sable de luz

Eso dixen. Podo volver a repetilo. Traga un sable de luz.

Ñam! que `ico!

Luz con mermelada.

O caso é que

durmir a distancia, dúrmese ben.

E non se está mal, oieme.

(Pero a teletransportación

é a solución.

Capitán Planeta

¡Cumpre a túa misión!)

Apetéceme ver a peli dos Cazafatasmas, pero non a teño.

Imperdoable.

Un pavo que ten un póster da susodicha na habita debería tela na filmoteca.

Un deber friki me chama.

Hai que moverse.

Traga o sable láser.

O sable de luz.

 

Ben. Como dicía, atentos. ¡Ala vou! ¿Que fai frío? Son o pu*o home-calefactor.

¡Arriba, arriba y fuera! ¡A volar, a volar, a volaaaaar!

Só un desexo lle tes que pedir ao gato cósmico.

 

A que fijo que verei será

El Silencio de Los Corderos.

Ou non.

Quen sabe.

Un non é de pedra.

 

(Aforren os comentarios, den de comer aos peixes. Vaian ao banco. Preparen piquetes. Entren en casa. Biquen á familia. Suspiren, almorcen, durman de lado cara ao mediodía. Vaian ao cine, paguen o aluguer. Posteen por ahí, saian a tajarse, vexan ao partido, asistan á folga nun bar de Lourido, aturen a dor. Merquen salchichas do opencor. Falen co barman. Saúden a ese tipo. Ignoren ao outro. Canten a dúo. Bailen co demo á luz da lúa. Suicidense, resuciten e vaian ao váter. Laven o pelo, que quede suave. Mirense no espello, ordenen o armario. Escollan a roupa, collan ese taxi. Avancen correndo. Saquen unhas fotos, poñan caras raras. Especulen sós, ou acompañados. Especulen durmidos. Pensen en paridas. Escriban na mesa, tatúen chorradas. Maten o tempo, violen a distancia. Tranquilicen ao neno. Fagan un petardo. Saian de paseo. Coñezan a xente. Insulten ao veciño. Mexen nunha esquina. Fagan pintadas. Consuman queimadas. Atranquen a porta. Silencien a cama. Suban a persiana. Vístanse ben guapos. Íspanse aquí mesmo. Coman de bareto. Critiquen a un cura, mancillen a Cristo. Estropeen iso, arreglen esoutro. Compren paquetes de 500 folios. Salten en marcha do tren cara Lima. Vagoneen na granxa de tía Josefina. Monten a cabalo, beban pepsicola, compren chupachups, saboreen xelados de triple sabor. Aluguen. Desfalquen diñeiro a facenda. Non vaian ao mitin. Non deixen de ir. Afíen coitelos, preparen arroz. Aprendan, ostia, a usar o fogón. Discutan con quen saiba e ignoren ao idiota. Xoguen ás cartas. Choren diamantes. Tripulen un barco que leve ata Angola. Asubíen de frío no medio da noite. Fabriquen xoguetes, sexan secuestrados. Escupan na cara dalgún maxistrado. Fáganse piratas. Atraquen un banco. Adopten un neno. Axuden ás morsas. Triangulen un cinco. Pinten de vermello o marco da ventá. Asinen papeis de mala calidade. Vaian ao híper. Vexan a cidade. Imiten estilos. Compoñan esquemas no borde do mundo. Busquen ese borde. Fagan nenos de madeira. Queimen bonecas e iglesias. Usen bandeiras de pega. Leven pearcings na entreperna. Estimulen á parella. Beban o zumo, chocolateen o leite, fagan un café e un poleo menta. Voten aos anarkas, insulten a Obama. Atenten en USA. Proclamen consignas fascistas en Praga. Vaian ao prado a degustar herba. Sexan voluntarios. Xoguen cun delfín. Maltraten ao gato. Busquen LSD. Compartan a cama. Limpen o que queda. Preparen a festa e marchen da mesma. Rouben un sombreiro. Inventen palabras. Miren de reollo, de frente e de espaldas. Sorrían con malicia, blasfemen en Roma. Vaian de paquete no bulto da moto. Cambien de camisa, perdan o equipaxe ao facer trasbordo. Coman gofres malos, durman ata as tantas. Supliquen clemencia. Concedan desgracias. Disparen ao branco e non fallen nunca. Suban a escaleira. Baixen do tellado. Beban leite a morro. Insinúen que morro. Vexan pelis malas, relean aos clásicos. Indaguen nas pistas do libro sagrado. Importen cervexas. Compren accesorios. Impriman violetas en dez vidros rotos. Observen a ese que leva pistola. Escoiten ao cantante da moi vella escola. Sexan violentos cos animais raros. Vivan depresa. Inxiran ananos. Morran de seguido e vaian ao enterro. Non me abandonen no arco do ceo. Queimen o asfalto, machaquen as rodas. Vaian cara o Leste, de cara ao inverno. Compren boletos para o tren ao Inferno).

 

E tal e cual

 

(Pascual!)

Mesigual.