Arríncalle o peito, que non notará a diferencia. Agora ocúpase en non afogar dentro dun dedal alleo.
(E os maléficos koalas conspiran nos seus castelos de carne humana, pero isto non ven ao caso).
(So é unha acotación para que Maese Gutier colla as armas das que dispón e morra pola súa raza).
(O teu nome non será nomeado cando se lembre a xesta, e non haberá quen reclame o cadáver esquecido sobre esas pilas noxentas de carbón ardente).
(Si. Ata o soldado descoñecido tivo mellor sepultura da que terás ti, amigo, de quen xa case non lembro o nome nin a cara).
(Pero… ¿e o honor, eh? ¿Que me dis do honor?)
E agora volvo contigo, sep: cuan enorme peso levas enriba, ¿non si? Lamentoo. Aquí todos andamos así e a noite nunca axudou.
Agora, damas e cabaleiros, volvamos ao pasado dos Monitos Efervescentes para aprecialos na súa forma primixenia e sen evolucionar:
Agora, pink floyd.
1 comentario
Comments RSS TrackBack Identifier URI
Por certo, que eu era Harrison.
(ah, e pensei en escribir o post en morse, pero dinme conta de que non sabía)