Comentando: MONITOS EFERVESCENTES-THE MOVIE

Bos días e benvidos/as a unha nova publicación de “Comentando”, o espazo cultural de crítica cinematográfica orientada ao efervescente e/ou simiesco deste Noso Blog.

O obxeto de análisis do día de hoxe será a (tan esperada pola crítica e público) ADAPTACIÓN CINEMATOGRÁFICA DOS MONITOS EFERVESCENTES, unha obra ficcional realizada en animación 2D de 00:00:24 horas de duración; coordinada, ideada, guionizada e dirixida polo irmán do tío que se chama coma Nacho Vidal, Pablo Vidal.

Dentro video:

O que aquí temos é unha adaptación libre dos ME.

Deixando á parte que visualmente o lamentable resultado nada ten que ver coa obra versionada, debemos despoxarnos de fanatismos frikis e preguntarnos: ¿Respétase o espírito da obra orixinal? E ¿que tal é como película, á marxe de nós, fans dos Monitos?

O espírito da obra foi seriamente prostituido: intentando darlle a volta á tortilla de forma enxeñosa ao concepto, pero non conseguindoo, o autor viola a alma dadaísta de tendencias superrealistas e neoplatónicas dos Monitos Eferescentes e transforma a película nun bochornoso e baleiro espectáculo de luz e son ao servicio dunha publicidade pouco encuberta dos refrescos con gas nacidos das entrañas do Imperialista Imperio Americano, dando a entender, ademáis que so bebendo este producto poderás efervescer (de pracer, nada menos).

E dende aquí berramos: ¡Non! ¡Non, pseudo-director vendido! ¡Non, alimaña noxenta! ¡Non, ser nacido no Averno a través da gonorrea dun tumor de Satán! ¡Non!

¡A efervescencia nace cando o Simio atopa no sinsentido do firmamento a chave para unha vida aberta ao vento do absurdo! ¡A efervescencia brota do cráneo do Simio coma unha fonte natural, lonxe de nomes, de homes, de ideas! ¡A efervescencia está sobre a vil materia, dialéctica ou non, e é a proba de balas!

¿Efervescer de pracer? JA!! ¿Que é isto? Infantilizando o concepto, ignórase que efervescer é un acto visceral. Un acto que pode chegar a ser doloroso nun senso só comparable a parir a un rinoceronte adulto cuberto de púas mentras afogas co teu propio vómito.

Pero as preguntas flotan no ar…

É, pese a todo, ¿unha boa película?

Non.

É, acaso, unha peli pasable, un film de entretemento que cumple?

Non.

Da noxo, pero pódese ver un domingo?

Non.

Pódese emitir en A3?

Naaap.

Localia?

Nap.

Popular TV?

Psé… no.

Telecoruña, ás 12 ou máis tarde?

Non, non.

Pódese proxectar nunha sala baleira no trasteiro dun antro sadomasoquista sito no lugar máis desolado da provincia de Lugo?

Nanai.

O único que merece o autor deste puto enxendro é as gracias por non telo feito durar dous segundos máis e unha paliza duns skinheads borrachos con problemas de retención de líquidos. A peli pérdese no seu propio kitsch involuntario e nunha animación pretendidamente sinxela que remata por ser, simplemente, cutre, apaleable e productora de cáncer en pequenos seres peludos e adorables.

Uff…

Agora agardamos impacientemente a segunda parte, moito máis prometedora en canto, polo menos, contou coa aprobación (previa) e colaboración da División de Deseño deste Blog Efervescente. E non, a primeira parte non cumpliu con tal requisito.

Sen máis, despedímonos de vostedes/as.

Anque antes queremos recordar simplemente que, se o director fose Papa, usaría o seu poder para pervertir sexualmente a imberbes menores de idade.

Adeus.

Boas noites, e boa sorte.

5 Comentarios

  1. Gustaríame recalcar o requisito que non cumplíu este vídeo…ejem, ejem…

    A segunda parte segue sen ser aprobada polo Alto Mando Efervescente, pero oyes, a División de Deseño tivo un momento de debilidade e, que ostias, así damos tempo aos nenos para escapar.

    “Urbi et Orbi en Torremolinos” para cando?

  2. -¡Bua, pero mecagondios!
    -¡Paréceme indignante! ¡Deberian flaxelar ao autor desta mieeeeerda infecta!
    -Eh… ¿Ti non estabas morta?
    -Non. ¿Non eras ti?
    -…
    -Tes un verme saíndoche do ollo…
    -…
    -Coff, coff…
    -…
    -¿Que, nada gracioso que poñer pra rematar o chiste?
    -…
    -…
    -Buff, qué mierda de vídeo.

  3. Esixo lapidación e que se lle arranquen os pezóns ao ser que pariu tal aberración!

  4. buuueno…

    non fai falta ser crueis…
    eu diría que se podería ir poñendo por frames, en plan mensaxes subliminais, no medio dos anuncios da teletenda as 5 da mañá…
    uhm…vale, ahí tampouco…xD

    Eu propoño, como tortura, obligalo a cortar o cordón umbilical de Lina e darlle os seus apelidos o enxendro…

  5. Bua, ese neno vai a sufrir unha vida horrible.
    Fillo dunha enana vida dunha familia de enxendros e dun sudaca anónimo, e axudado a nacer e posteriormente adoptado por pablo.
    Educado por Lina e Pablo… brrrr!
    Preguntaranlle:
    “¿Qué quieres ser de mayor?”
    Responderá:
    “Serial Killer!”


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s