Pre-Crise!!

Aquí o xente Waterman, falando desde a Conchinchina Ocupada.

O informe será breve, así que POR AMOR DE DEUS, atendan!!!

Tras do brutal asasinato do Mártir McGregor e do achamento das confusas probas atopadas pola Resistencia Anti-Koala onda o seu cadáver, e alarmados pola posible relación (que rima cooooon… putos guarros!) que isto poida ter cos misteriosos acontecementos que recentemente protagonizaron a vida no porto de Sindey, a crème de la crème da Nosa Xente foi investigar.

No subsolo do porto foi descuberta unha complexa rede de túneles, salas e catacumbas feitas con carne humana (recordemos: a inconfundible arquitectura koala) dunha extensión total semellante á dun campo de fútbol con aleróns en forma de cuña. Tres estancias chamaron a atención da nosa xente:

A primeira era unha sala redonda e abovedada chea do que de momento parecen ser os cadáveres máis ou menos descompostos de máis dunha ducia de simios deformes. Ademáis, o chan estaba totalmente encharcado dunha auga alaranxada que apestaba a medicina, e a instalación eléctrica da estancia estaba cascada de xeito que chovían electrodos desde as lamparas á auga, razóns polas cales esta habitación non foi observada con minuciosidade polos nosos expertos no seu momento.

A segunda habitación parecía unha caste de pequena sala de guerra. As paredes foran empapeladas de ordenadores (agora inservibles e coa memoria borrada) e no centro era imposible non ver un mapamundi de gran tamaño cuberto de inscripcións en koala, semiborradas na súa maioría. Os nosos tarductores traballan no tema agora mesmo, así como na interpretación do pouco que rescatamos das moreas de documentos parcialmente queimados atopados baixo os váteres da estancia.

A terceira habitación é a que máis nos chama a atención: un amplo laboratorio heptagonal dedicado sen dúbida á manipulación xenética, ateigado de complexos aparellos mecánicos cun uso que descoñecemos, e bañado nun ar ocre con cheiro a metralla quente.

Foron atopadas varias pilas de papel queimado das que pouco ou nada se puido salvar. A memoria dos (ardidos) macs koalianos fora extinguida, e o único que tiñamos era ese cheiro de merda e as catro inservibles cápsulas de clonación que presidían o centro da sala. No interior das mesmas puidemos atopar un residuo viscoso de cor negra, semellante ao petróleo, que parecía ser o causante de tan cheirento cheiro cheirento.

E…Badabing! No lateral das enormes cápsulas podíanse ler, escritas a spray en amarelo sobre negro, as misteriosas siglas

"MS".

Nin que dicir ten que o Departamento de Acojone Total da nosa Amada Resistencia está totalmente acojonado.

…Bue…

Xa para rematar. Pillamos a este cabrón fuxindo da zona hai un par de minutos. Aínda está á espera de ser interrogado.

Admiren, señoras, señores e camelos/dromedarios, como se fai o simpático ante as gordas e desinformadas señoras da limpeza:

Se vos cruzades con algún deles algunha vez, coidade da vosa aorta e disparade ao centro dos ollos.

Gracias.

Fin da transmisión.

3 Comentarios

  1. Magic Sugar! Os nosos destripadores estan intentando descifrar o nevuloso futuo, pero estanse quedando sen virxes as que sacrificar.

  2. Magic Sugar?
    Monstruos Sedentos?
    Mike Sodenfield?
    Mimamamemima Siempre?
    Mulleres Sidosas?
    Macro Serendipia?
    Micos Sobrehumanos?
    Mecánicos Superrealistas?
    Micción Seminal?
    Metros Sexuais?

    Que coño significa MS??????????
    Queeeeeeeeeeee?????
    ¬¬

  3. Men Struación?

    Queeeeee paaaaaaasaaaaaaaaaa?????

    QUEEEE PAAAAAASAAAAAAAAA?????


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s