As CriSes SolVénTansE nO FiN de SEMaNa

O noso axente foi a Sidney a investigar…

O Axente McGregor acudiu a Sidney despois das alarmantes novas de Radio Cochambre.

A súa última emisión por radio, extraña e desesperada, foi a seguinte:

“Deus (inaudible) Monstruo Voador Espagheti pode permitir tales abobinacions?? Tirade a bomba en Sidney, tirade (naudible) eles teñen (naudible) catro (inaudible) teñen (inaudible) dos Monitos Efervescentes!! ¡Tirade a bomba!”

O seu corpo foi atopado esta mañá sen vida cerca do porto de Sidney, presuntamente morto por impacto de bala no cráneo.

Putos Koalas.

Something’s in the water…

-Mira! Un Gepetto Asesino ca cara de Hitler!!!

Seguir lendo

CIDADÁN! MERCA BONOS! (Primeiro post da Crise Efervescente)

As cinzas de Nambia inda saben a sangue…

Gañamos a batalla, pero os enemigos Koalas son fortes, e a contenda dura xa máis seculos dos que a especie humana recorda.

E, aínda esgotados, seguimos. Cos ósos rotos, co peito falto de alento, co sangue na boca, coa bandeira no chan pero as ideas intactas, seguimos.

¡Da cidade de Nambia foron expulsados! A cabeza do seu líder apodrece hoxe nunha estaca que eu mesmo preparei. E achéganse dende o val do Nuh, ao norte, subidos nos seus vermellos vehículos de morte. Lentos e enormes: un trebón ocre cargado de lóstregos.

Pero serán resistidos.

Nambia seguirá sendo nosa.

Cos corpos mallados e as mandíbulas desencaixadas, ¡seguiremos!

Nos túneles de Moscova, por onde corren coma sombras angulosas, serán barridos.

En Marrocos as balas dos Koalas cóbranse as vidas dos nosos cada día, pero as nosas bombas caenlles onde menos pensan: a guerra de guerrillas non afoga e o desgoberno habita na Administración Koala.

No Ártico intentárono e case o conseguen, pero non foron capaces de infiltrarsenos. Agora sabemos onde se esconden as células Kaghi e qué pretenden. E estaremos preparados.

Xamáis en tres séculos, cando gañamos na III Masacre do Congo, a cousa pintou tan ben para a Liberdade Humana e Dromedaria.

Pero, amigos, camaradas, homes e mulleres e dromedarios: a nosa xente batalla día a día de forma voluntaria. Sofren feridas no corpo e na alma. Sofremos baixas, ¡cada día! E eles, pobres deles, perden o seu corpo. Pernas amputadas pola metralla, brazos cortados polos láser, caras desfiguadas por un obús, ollos cegados polas bombas de proto-luz… e perden espírito se non senten o apoio dos seus detrás deles, detrás dos seus esforzos inhumanos.

Por iso te precisamos a ti.

Únete á loita.

Merca Bonos de Guerra.

E que Deus Amarelo e Todopoderoso bendiga as nosas almas e os nosos corazóns!

Sieg Ola!

Just look…

Wait…!

 

 

 

A

M

A

Z

I

N

G

!

Comentando: MONITOS EFERVESCENTES-THE MOVIE

Bos días e benvidos/as a unha nova publicación de “Comentando”, o espazo cultural de crítica cinematográfica orientada ao efervescente e/ou simiesco deste Noso Blog.

O obxeto de análisis do día de hoxe será a (tan esperada pola crítica e público) ADAPTACIÓN CINEMATOGRÁFICA DOS MONITOS EFERVESCENTES, unha obra ficcional realizada en animación 2D de 00:00:24 horas de duración; coordinada, ideada, guionizada e dirixida polo irmán do tío que se chama coma Nacho Vidal, Pablo Vidal.

Dentro video:

Seguir lendo

NECROLOXICAAAAAAS!!

-Aquí, de novo, as necrolóxicas efervescentes. En Seattle, na túa emisora…

“Radiooooo-Monoooooo”

Si, amigos! E hoxe temos dous cadáveres ex-qui-si-tos, non si, Elwood?

-Así é, Jake. O primeiro en morrer foi o aspecto dos paneis de edición de WordPress, que cambiou o seu aspecto por algo moito mais feo, confuso e epiléptico!

-Wow, tío, iso é aaaaaaaaaaaaaaaaamaaaaaaaazing!

“Son de bocina feito en estudio”

-Si, Jake!

“Son de parrulo graznando, feito en estudio”

-Pero conta, ¿cal é o segundo cadáver de hoxe?

-Non o vas a crer, ¡tío! Agárrense as orellas, radioadictos, porque o posto de presidente da asociación do rifle de américa acaba de quedar vacante…

-Oh, no me jodas que…

-¡¡Si!! Charlton Heston morreu, amigo! Din que lle deu un síncope cando viu “Soy Leyenda” (a de Will Smith) e viu que ata ese truño de peli era mellor que a súa adaptación setentera do libro, “The Omega Men”…

-Wow, a familia estará desconsolada, ¡tío!

-Non te creas, Jake. A Admnistración Bush prometeu un mausoleo para o home ao lado do frigorífico de Walt Disney e da tumba do fundador do KKK.

-Bueeeeeno, Elwood, ¡sempre se van os mellores! Dende aquí queremos homenaxear a este mito da pantalla facendo algo que nunca antes se fixo na radio: ¡poñer un vídeo!

-¡Claro que si!

(Agora en serio, non vos metades con el que era un actorazo… palmou de alzheimer e todo)

(Eh… no. En serio. Que era o Puto Amo)

(Adeus, tío)

Charlton Heston, e un colega (Charltie é o do traxe)