Marrocos caracterízase por ser un sitio no que, estando como estabamos os cabecillas da Resistencia interesados en tomar Nambia, soltamos a unha panda de mataos para que chamasen a atención dos Koalas na zona, conseguindo así pillalos desprevenidos na Gran Cidade de Nambia.
Curiosamente estes mataos fixérono ben e a guerra de guerrillas minou o poder da Koalición na zona, e parece que agora ir vai para longo. A mala nova: apenas temos contacto cos guerrilleiros, así que so podemos mirar e esperar a ver qué ostias pasa.
¿E que pasou? Zombies azuis. Iso pasou. Parece ser que agora deambulan polas rúas de Marrocos como unha nova élite policial koala.
Asaltaron unha base dos guerrilleiros e descubriron que estaban queimando o Necronomicón. Cabrearonse tanto que fixeron estalar unha bomba atómica da que, por suposto, eles sairon ilesos.
Deus nos asista. Putos Koalas.
Póñenme a carne da vexiga de galiña