Enviamos helicópteros de recoñecemento a (claro) recoñecer a zona.
Os Koalas querían espertar a Digra en Digra.
Non se podía permitir.
Así que, como xa dixen, enviamos helicópteros de recoñecemento a (claro) recoñecer a zona.
Perdemos o contacto por radio durante cinco minutos. O seguinte que nos chegou foi unha extraña sinfonía monocorde que reproducía o que sen dúbida sería o son da cor verde se a cor verde emitise algún tipo de son.
Despois perdemos contacto coas tropas de terra. Mesmo resultado.
A segunda vez que probamos (esta vez mandando a todo o mundo ben vacinado contra os Ataques Mentais) a mandar xente para recoñecer o terreo, catro dos comandantes cambiaron de sexo de forma espontánea, e a un cabo medroulle unha cabeza de cabra nos intestinos.
Un 60% das tropas restantes sentiu unha necesidade imperiosa de ler a Dickens, e un 20% deu en chorar, botando de menos Maio do 68.
Así que… xa veremos.
Xa veremos…