A batalla en Digra: tomo 1

Primeiro pasamos a través dunha cortina de fume laranxa mentalmente hormonado que case nos fixo arder as ás do Megaplano. Logo disto puidemos ollar con asombro cómo, moi por debaixo de nós, se extendían ata o horizonte as grandes extensións chairas de neve negra e herba vermella, e vimos poboamentos koalas salpicados de horrendas construccións de planta pi-tagonal feitas de ósos, carne e vísceras.

No centro de todo, o Foso lampexaba luces de cores sonoras que nos cegaron os corpos e nos azularon os paladares.

Isto pareceu durar dúas horas.

Despois aterramos no Val de Gundrass, a sete Km de Digra, onde fomos recibidos por un pequeno escuadrón de Koalas Ninjas e Subotais Zombies Azuis.

(É por iso que o uniforme consta de pañais recargables).

No momento de escribir estas liñas estamos erguendo o acampamento base e queimando os cadáveres inimigos. Seguiremos informando.

Faise noite.

Non se oe vida nigunha na redonda.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s