A Batalla en Digra: Alto o Fogo!!(estamos a 22 de Maio)

Diríximonos ao Norte, cara Digra, abríndonos paso entre zombies azuis explosivos e koalas ninjas polos desolados páramos de neve negra.

No pequeno val de Perde-Toda-Esperanza empezamos unha cruenta escaramuza na que se nos superaba en proporción de 3 a 1, pero soupemos aproveitar a nosa posición máis alta no terreo (e as inclinacións cubistas da División Escarlata, as tropas de élite comandadas polo Xeneral Ploff) e igualar a contenda nun mar de sangue e queixas varias.

Pero, de súpeto… de súpeto… unha luz lampexou no ceo. Ao principio pensamos que sería algún arma inimiga, pero non era máis que unha Bengala Branca de Tregua lanzada polo bando contrario. Alguén do noso bando lanzou a súa case ao momento.

“¿Tregua?” Parecíamos preguntarnos todos, amigos e inimigos, ata que alguén o dixo:

“Coooooño, que é hoxe!”

O silencio apoderouse do val, e ambos bandos retiraron os seus cadáveres e marcharon polo seu lado.

A próxima vez que nos vexamos, teremos algo do que falar mentras nos destripamos coloridamente.

Continuará.

A batalla en Digra: Gloriosas luces dun triste mencer

BAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAH

(e mais nada)