A Batalla En Digra: Salvar a Sesos de Mono.

-Señor Monito Efervescente Plus 2.0…

-¡Presente!

-Dígalle a esta Comisión…

-Hahahaha!

-¿De que se ri?

-¡¡Dixeches “pito”!!

-Eh? ¡Non dixen pito!

-Hahahahahaha!!! Agora siiii!!

-…

-…

-Dígalle a esta comisión qué pasou con Sesos de Mono exactamente.

-¿Como? ¿En plan informe?

-Sep!

-Pero se eu non me enterei de nada! Estaba comendo brioches cando pasou todo. Preguntádelle a el.

-Non. Non responde ás chamadas e ti estabas máis cerca. Ademáis ás cinco temos torneo de dominó.

-Buff

-Contenos o que pasoooou! Veña, o tempo comeza… ¡xa!

-¿Eh? Oh… Ah, pois… Sesos de Mono presentouse voluntario e foi alí a batallear cos nosos malvados clons e non sabemos que pasou pero perdímoslle a pista e logo demos en ir a buscalo xa que estabamos en Digra e nos ía de camiño e non nos ía mal de todo así que bueno fomos alí e atopámolo vagando cos ollos errantes polas ruínas dun templo pintado con sangue e tiña como uns buratos raros na cabeza polos que se lle escapaba fume verde e tapámolos con plastilina e logo levámolo connosco á clínica e fixémosle inxertos e curámolo pero a

índa está en estado catatónico e di incongruencias.

-Bravo!!

clapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclap

-¿Que gañei, que gañei???

-¡Un estupendo viaxe para dúas persoas á Illa dos Tambores de Pel Azul, onde realizarás traballos forzados a cambio dunha comida ao día e un chan de lama no que durmir!

-Oh, siii! É o que sempre desexei!

non te deixaremos, compañeiro

A Batalla en Digra: Invadindo Digra no Día da Toalla

Se fas unha guerra e che coincide co Día da Toalla, non podes facer outra cousa que tirar as armas e atacar a toallazos.

(Mollados, que así non deixan marcas e non nos denuncian por acoso sexual).

(Que a máis de un xa me nos lle ten pasado).

Así foi como abrimos unha brecha no flanco verde dos Koalas que defendían a vila. No centro da mesma, un foso do que saían negros tentáculos e emanacións de gas viscoso vermello: Digra nacía do Averno.

Cunha xaqueca monumental producida polo poder da Terrible Digra sobre as nosas ideas, arrasamos a toallazos a parte norte da vila facéndonos fortes na Casa do Pobo e na Taberna San José (dous edificios que, quedando frente a frente un do outro, nos proporcionan control estratéxico sobre a Praza da Trinidade).

E agora debemos preparar o ataque sobre o centro da vila! Rápido, á lavadora. Non podemos presentarnos alí coas toallas porcas!

¿Ya know?

¿Explícome? ¿Non?

Tanto da. Feliz Día da Toalla.

42.

E que Deus Amarelo e Todopoderoso sexa con vosco nas terribles horas de soidade e decrepitude que asolagan a mente do débil e pequeno verme con claustrofobia nas noites de alaranxada lúa chea.