A Batalla en Digra: Invadindo Digra no Día da Toalla

Se fas unha guerra e che coincide co Día da Toalla, non podes facer outra cousa que tirar as armas e atacar a toallazos.

(Mollados, que así non deixan marcas e non nos denuncian por acoso sexual).

(Que a máis de un xa me nos lle ten pasado).

Así foi como abrimos unha brecha no flanco verde dos Koalas que defendían a vila. No centro da mesma, un foso do que saían negros tentáculos e emanacións de gas viscoso vermello: Digra nacía do Averno.

Cunha xaqueca monumental producida polo poder da Terrible Digra sobre as nosas ideas, arrasamos a toallazos a parte norte da vila facéndonos fortes na Casa do Pobo e na Taberna San José (dous edificios que, quedando frente a frente un do outro, nos proporcionan control estratéxico sobre a Praza da Trinidade).

E agora debemos preparar o ataque sobre o centro da vila! Rápido, á lavadora. Non podemos presentarnos alí coas toallas porcas!

¿Ya know?

¿Explícome? ¿Non?

Tanto da. Feliz Día da Toalla.

42.

E que Deus Amarelo e Todopoderoso sexa con vosco nas terribles horas de soidade e decrepitude que asolagan a mente do débil e pequeno verme con claustrofobia nas noites de alaranxada lúa chea.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s