A Batalla En Digra: CONTRA DIGRA! (tomo 1 de 2)

Isto debe comezar e rematar nalgún punto, posto que isto é un relato do acontecido e, contrariamente ao acontecido, os relatos rematan. Incluso cando non teñen final. Rematan.

Pero é de supoñer que hai que comezar polo principio (aínda que a veces se empeza polo final, pero entón o final é o principio, aínda que pode seguir sendo o final), e para iso hai que escoller cal é o principio: o comezo de toda a serie de acontecementos que están por ser narrados.

Chegados a isto,creo que vou comezar por falar da tarde en que regresamos de traer do volta a un dos nosos, o simio efervescente coñecido polo seu nom de guerre “Sesos de Mono”.

Tras atopalo en estado case catatónico e salpicado de múltiples feridas, vagando coma un boneco de corda polas ruínas tinguidas de sangue do que noutrora fora un hospital, tivemos que nos dar présa por volver á precaria seguridade que ofrecía a zona controlada pola Resistencia no sector norte da vila.

Alí, na praza, os sodados mataban o tempo practicando o tiro ao branco sobre un muro de cemento, xogaban ao dominó nas esqueiras da casa do povo, ou miraban nerviosos a un ceo de metal oxidado, temendo algún ataque inminente por parte da facción inimiga.

Atopei ao Xeneral Gundrass pelando madeira nun banco á sombra duns setos. As súas mans expertas deran forma de bailarina a un toro de madeira branca, deixando un rastro coma de neve entre os seus pés de caucho militar.

-¿Iso que é?

Sinalou a Sesos de Mono co coitelo cun xesto de burla.

Din en seguirlle o xogo:

-¿Isto? Non o sei, atopeino medio morto ao lado dunhas ruínas.

-¿Si? ¡Eh, ti!- berroulle. Sesos de Mono mirou ao chan, logo ao ceo, logo ao chan…

-Non fala, Gundrass. Os putos Koalas prendérono e fixéronlle algo.

Non respondeu. Moveu o bigote laranxa nun xesto moi seu de preocupación e cuspiu de lado.

-Abur, Gundrass.

El despediuse coa cabeza, e seguiu pelando madeira.

Logo de deixar a Sesos de Mono na clínica despreocupeime e servinme algo de compota de mazá roubada nos barracóns. Non é que o precisase, posto que o meu rango dentro daquel batallón suicida me eximía de dar excusas, pero agocheime entre unhas barricas de cervexa de trebor e din en comer daquilo.

Á media hora ou así estaba eu xa durmindo co estómago cheo, e alleo a todo canto acontecía fora daquela cantina.

Espertoume o trono de metal dun obús na noite.

A praza estaba baleira, e con isto refírome exactamente a “baleira de todo”. Xente, camións e PIE (postos de interese estatéxico) desapareceran deixando aquilo espido de pes a cabeza.

Non tivera tempo de asimilalo e xa oía un asubío cortando o aire, coma unha lanza, directo cara min. O pavimento lampexou, branco, logo vermello, e ergueuse sobre a miña testa coma un puzzle desencaixado.

Logo disto o vento bateume na cara e vin una masa negra correndo cara min e, cun murmurio de cristais rotos, atravesei a ventá do faiado dalgún edificio da praza. O ruido deixou paso a un pitido morto nadando no meu oído.

Corrín, claro, a ver qué pasara. Achegándome á ventá ollei perto de dúas ducias de koalas armados entrando na praza, acompañados pola inquina masa metálica dun tanque negro.

E non puiden ollar moito mais porque as balas comezaron a impactar moi preto de onde eu me asomaba dándome pouco tempo a me agochar antes de que estas entrasen pola ventá.

Consciente como era de que o próximo sería un obús, mirei ao redor da estancia escura en busca dunha saída, pero todas as ventás daquel faiado daban á praza, e baixar implicaba un encontro case seguro coas armas koalas, que xa enchían o primeiro piso co son do seu correr marcial.

Un impulso que só podo relacionar co instinto de supervivencia fixome agatear por unha das vigas de soporte ata a viga cruzada horizontal do teito. Isto foi difícil non só porque apenas había onde agarrarse, senon porque me fixo comprobar rápidamente que a miña rótula fora desprazada do seu sitio orixinal pola explosión.

Escoitei o ruido de pisadas de metal das botas koalas subir as esqueiras. Escoitei ametralladoras dispararse e berros de morte. Escoitei a unha muller berrar e pisadas descalzas, e escoitei unha orde, e un disparo, e deixei de escoitar.

O teito de palla daquel faiado parecía bastante débil. Pode que o bastante débil para que, con sorte, puidera facerme un oco a través del e escapar ben que mal daquel lugar escuro no que estaba.

De xeito que mentras a perna se me hinchaba cos latexos da dor, e mentras oía aos koalas falar e disparar no piso de embaixo, e mentras o sangue dunha ferida no cráneo me esvaraba por un ollo, cegándome, alí estaba eu mordendo as cordas dun lote de palla.

Os disparos koalas remataron e unha voz grave berrou algo que soou como unha orde. Oín pasos acompasados e, logo, silencio.

E seguín mordendo.

De novo, unha orde, esta vez máis calma que a anterior pero sen dúbida da mesma gorxa. Din en parar coa miña faena ao sentir que estaban debaixo da trampilla do faiado.

No silencio que se creara ollei ás cordas a medio morder, que (malditas elas) aínda non comezaran a ceder. ¡E púxenme a mordelas con más saña e, ao facelo, produciron tal ruído que se me acelerou o peito polo temor a que os koalas o oísen dende onde estaban!

Oin ruidos varios e voces preocupadas, e seguín mordendo coa vida nun puño.

BANG!

Un disparo atravesou a madeira. Logo outro. Ráfagas de metralla disparaban nun e noutro sentido a través do chan, con ángulos demasiado inclinados para poder alcanzarme desde onde estaba.

E, asustado, mordín máis forte. Oín aos koalas berrar e a trampilla abrirse.

E a corda cedeu!

A palla caeu a lotes e bateu na viga con gran estrondo. Os koalas deberon velo, posto que as balas empezaron a impactar naquela zona.

Cego polo sangue que de súpeto me tapaba o rostro todo, e demasiado asustado para valorar a situación, saltei por ese burato mentras oía balas asubiando e impactando nas vigas de madeira.

A palla case cede debaixo de min por mor do meu peso. Rodei a un lado. Logo rodei polo tellado abaixo ata cambiar a palla debaixo de min polo baleiro dun ar frío.

Batín entón contra o chan empedrado e movinme como puiden. Mareado e cos ollos cheos de sangue, movinme a cegas e sen orientación tan a présa como puiden, ata bater contra unha parede e caer redondo, inconsciente.

O primeiro que fixen ao espertar foi erguerme e poñerme en garda, temendo aínda pola miña vida, e foi así coma caín dun camastro octogonal e fun dar na fría pedra.

Tardei en caer na conta de que xa non estaba na rúa, senon nun hospital. Un recinto sen ventás, pechado, de paredes ocres polo ondear lento dunhas pequenas lámparas de gas colocadas en columnas. Ditas coumnas eran de base cuadrángular e estaban feitas de pedras sen traballar unidas cunha masa arxilosa, e remataban suxeitando altas bóvedas escuras de arcos apuntados. Máis aló das columnas había un canal polo que discorría unha auga verdosa a carón dunha parede branca de cal manchada de humidade e musgo.

Diante de min, pois, as columnas. Detrás, unha parede de enormes bloques de pedra ocre (os máis baixos, constelados de gravados sinxelos feitos a navalla) que subían ata o teito. E aos lados, fileiras de camas idénticas á miña, as máis delas ocupadas por feridos de guerra de toda clase e condición: durmidos, espertos, en coma, sufrintes, quedos, lisiados, paralíticos e vagos…

De seguido chegou un enfermeiro.

-Oia!

A miña voz estaba cascada. Ao botar as mans á gorxa decateime da espesa venda ensanguentada que tiña darredor do pescozo.

Pero o home oiu e, logo dun anaco facendo sabediosqué, presentouse canda min.

-Espertaches- dixo-. Gundrass virá de seguido. Estás entre amigos, Monito Plus.

-Amigos?

-Isto é un hospital da Resistencia, tío- e mirou o reloxo. Alguén tusiu ao lonxe, detrás del, e o home xirou a cabeza cara alí un intre-…Teño choio! Xa che contará Gundrass… pero sorte tiveches de estar onde estabas e non loitando contra Digra. Uhm…

Non me deu tempo a preguntar máis. Moveuse rápidamente entre as camas e desapareceume da vista.

Gundrass chegou ao intre.

-Por Deus Amarelo e Todopoderoso, Gundrass, ¿que cona pasou?

Faltaballe unha perna, e a súa cabeza viña vendada por un trapo amarelento salpicado de sangue. A bandazos, camiñou cara min apoiado na súa muleta e sentou ao pe da cama.

-¿Loitáchedes contra Digra, Gundrass? ¡Conta!

Miroume cun xesto preocupado como analizando o meu estado, logo tornouse máis amable, e sorriu ao seu xeito particular.

-Vai ser longo.

Dixo.

-Non podo moverme coa perna como a teño, meu. Así que non vou ir a ningunha parte- bocexou e miroume de reollo, batinlle no brazo-. Gundrass…

-Vai ser longo! Acomódate e deixa que che conte- prendeu un cigarro, sorriu de novo- deixa que che conte cómo vencemos a Digra.

CONTINUARÁ…

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

  • Calendario

    • Xuño 2008
      L M M X V S D
      « Mai   Ago »
       1
      2345678
      9101112131415
      16171819202122
      23242526272829
      30  
  • Buscar