A Batalla En Digra: CONTRA DIGRA! (tomo 2 de 2)

Gundrass tusiu un pouco para aclarar a voz, colocouse de xeito máis cómodo ao pe da cama e miroume coma buscando un aceno de interrogación pola miña parte.

-¿Estás preparado?

Asentín lenemente. O único que quería Gundrass era poñerme nervioso, e eu, claro está, non pensaba darlle esa satisfacción. Mireino con calma agardando polo seu relato, e comezou:

-¿A onde foches parar na desbandada do principio?

-¿Desbandada?

Miroume raro.

-A ver, logo… ¿que foi de ti, meu? ¿Non oíches os tronos?

-Espertei dunha sesta na cantina porque os koalas estaban entrando na praza. Non sei qué pasou. Non había ninguén alí…¿contasme que pasou?

-Espera, espera, espera… ¿durmías?

-Comín bastante e quedei durmido entre as barricas de viño.

-¿E non espertaches?

-Non.

E volveume mirar raro, erguendo unha cella e apartándose uns centímetros cara atrás. Mantendo as distancias de xeito cómico.

-¿Non oíches os tronos, logo?

-¡Estaba sobando, cona!

-Mentras durmías…- calou un intre. E ao lle preguntar qué pasaba botou a rir.- ¡Filloputa! Durmindo mentras…

-¡Vai ao puto gran, Gundrass!

Sobresaltouse.

-Oh, si, vou… Mira, os tronos caeron derrepente. Bon, non de repente: primeiro o ceo puxérase todo vermello e cheo de nubes grosas, formando debuxos espirais. Despois caeron os raios, negros, dende o ceo. O primeiro deu lonxe, sobre unha casa a unhas rúas da praza polo que teño oído. O segundo foi bater onde estabamos todos, sobre a fachada da casa do pobo. E despois choveron raios a centos, raios negros que nos esfarelaban coma ao fume.

“Logo de correr coma pitas descabezadas e ir gañando baixas, o Coronel Bauhauss apareceu guiando un tanque de cobre e berrando cousas inaudibles polo tremendo ruido que había. Os lóstregos variaron o seu rumbo natural e bateron na máquina todos a un tempo, coma nun pararraios. Entón ergueuse unha figura branca do centro do impacto, unha lanza de luz… ou máis coma un monolito, un menhir enorme de luz branca, que se ergueu ao ceo e estallou.

“Todo se fixo branco, e entón soubemos qué facer.

“Coma se estivesemos sendo guiados por unha intelixencia común, agrupámonos en fileiras de a cinco, recollemos as nosas máquinas de guerra e marchamos da praza a través daquela vila bañada en luz de prata, rumbo ao burato negro que, sentíamos, se estaba a eguer no foso de Digra.

“Non sei qué era aquela luz branca, nin ata qué punto Bauhauss sabía o que facía, ¡pero mentras durou non houbo medo! Pode que fose pola presencia de Digra, que cargaba o ar de ideas, pero éramos valentes e fortes nos noso valores, e iamos esmagar a Digra.

-¿E cando desapareceu a luz?

-Empezamos a telos de corbata. De súpeto tiñamos a Digra diante de nós.

-¿Si? ¿Digra? ¿Como era?

-¿Digra? Depende de quen a mirase. Eu vin un cubo xigantesco en dúas dimensións, suspendido no ar, do que saían fios de xel branco, coma brazos…coma tentáculos enormes.

-¿Era grande?

-Era enorme. Un leviatán, rapaz.

-Ahá. Sinto non ter estado alí.

-¡Non o sintas! ¡Aquilo era a forma física do Terror! A mayoría de nós, eu incluído, non puidemos manter os papeis e adicámonos a disparar sen sentido á masa negra.

“Os canóns Koalas barreron dun so golpe toda a División Zero en resposta. Iso fixo que acordásemos un algo e deunos pe a valorar a situación: tiñamos a Digra frente a nós e, ao seu pé, un pequeno exército de koalas fortemente armados.

“Demos a orde á Cabalería Psíquica de iniciar os preparativos do seu ataque, e á Infantería Psíquica de comezar as maniobras de aproximación. As Divisións Alfa e Beta cargaron dende os flancos cara as ametralladoras Koalas acompañados no seu paseo polas balas dos nosos tanques asubiando sobre as súas cabezas.

-Xa vexo. Queriades manter a raia ao exército koala para que os psíquicos pudiesen facer o seu traballo en paz.

-E tiñamos que ocuparnos dos canóns e as ametralladoras. Os koalas eran moitos menos ca nós, pero parapetábanse nesas merdas e estábannos masacrando. Verás, era un páramo vermello e enorme fora da vila. Nós saíramos de detrás dos edificios e agora estábamos nun campo aberto, chairo, fronte ao foso de Digra e as ametralladoras dos Koalas.

-¿A qué distancia?

-Uns 300 metros. Os soldados corrían cara os Koalas, pero non tiñan onde se esconder polo camiño e ían caendo como moscas. Ao final fuxían do fogo meténdose detrás das moreas de cadáveres amigos coma se fosen trincheiras.

“Ordeamos a psíquicos, ametralladoras e obuses tomar posicións nos edificios detrás de nós, e colocamos os tanques de forma que formasen un muro que nos protexese. O malo desta idea era que, se ben protexiamos aos psíquicos (vitais para asegurar a victoria), non nos permitía bombardear aos koalas.

“Así que o que fixemos foi cabar trincheiras a golpe de obús, co fin de que a nosa xente se puidese esconder. Nisto que chegou Monoman correndo…

“-Teño unha petición de Number One!-dixo.

“-¿Unha petición?- eu e mail Xeneral Pibody mirámonos-. ¿Unha petición? ¿Que quere ese mamón de ollos cruzados?

“-Quere que poñades algo de Queen e que liberedes a Sesos de Mono!

Gundrass aclarou a gorxa. Achegouseme cun ar confidencial e falou baixo:

-Verás. Despois do seu accidente, Sesos de Mono fora internado nunha caixa de chumbo. Seica facía cousas raras cos tenedores. Así que cando chegou Monoman con esa orde non discutimos moito, porque neste negocio se un Mono Efervescente di algo hai que cumplilo, pero non as tiñamos todas connosco.

“Os Carabineiros arrastraron a pesada caixa de chumbo ata nós, e a División Musical quitou a Cabalgata das Valquirias e deixou soar “Bohemian Rapsody”. Abrimos as cerraduras das portas a disparos e, cun rumor de metal, as estas abríronse e abanearon.

“Todo quedou entón en silencio durante un intre, ata que oímos a respiración pesada e cansa de Sesos de Mono.

“Saiu da escuridade da caixa cos ollos inxectados en sangue e burbulleando en branco, emanando raios de luz branca a través das feridas mal tapadas do cráneo.

“-Boas- dixo. E botou a voar.

-¿Eh? Gundrass!

-¿Que foi?

-¿¿Voar?? ¿Coma superman?

-Coma un supersayan, si. Botou a brillar e saiu disparado, branco no ceo, cara Digra.

-¿E despois que pasou?

-¡Non o sabemos!

-¿Eh?

-Chegou Number One, explicando que aproveitaran as inxerencias dos koalas en Sesos de Mono para operar no seu cerebro efervescente. Os científicos da Resistencia fixeran del un condensador vivinte das ideas opostas a Digra, e encerrárono nunha caixa de chumbo para que reverberasen e se fixesen máis fortes.

-¿Non estás de coña?

-Non. E… Sesos de Mono acabou el soíño coa batalla.

-Conta.

-Dirixiuse ata o centro da escuridade e penetrou en Digra. E con “penetrou” non me refiro a algo como “penetremos a ese castor por cinco euros”, senon a que se sumerxeu na masa negra de Digra… e desapareceu.

“Seguimos loitando, claro, e perdendo xente, sen avanzar para nada. Sesos de Mono non daba sinais de vida, e entón o ceo ardeu, e a música cambiou.

-¿Soa?

– Si. “Smoke On The Water”, por suposto.

-Ha!

-E, si, o ceo ardía. Entre as nubes escurríanse masas de lume vermello que cubriron toda a cúpula celeste, revolvéndose, remexéndose en laparadas inmensas que iluminaban todo de vermello e laranxa.

“Ao ver isto, ambos bandos paramos o fogo, cos collóns na gorxa.

“- Buh, polo menos os koalas parecen tan acojonados coma nós, Gundrass- apuntou Monoman. E era certo, ou alomenos iso parecía: o cal implicaba que en principio non era culpa deles.

“Pouco despois a música parou e escoitouse un zunido monocorde. E refírome a que non se oía nada máis que un zunido. Por máis que berrábamos e os canóns disparaban, so se oía ese siseo agudo como de mil abellas.

“O lume do ceo esvaeuse, e deixou ver as pedras.

-¿Eh? ¿Caeron meteoros?

-Non, non. Flotaban pedras no ceo. Apareceron rochas acastañadas flotando no ceo amarelento. Centos delas. Miles. E o zunido tamén parou. Vimos algo prateado voar en zig zag entre as rochas enormes, sobre a cabeza de Digra, que estopou.

-¿Estoupou Digra? ¿Ou a cousa prateada?

-Ía deixando un surco de prata, coma un fío, no ceo, e reventou. E onde reventou abriuse o ceo en dous coma se fose de tea, deixando un burato branco e resprandecente que iluminou o rostro escuro de Digra Pernandúa.

“Digra berrou. Encolleuse. Agochouse, e cuspiu do seu corpo unha chuvia de lume negro cara aquel burato do ceo… que volveu a estoupar…

“E da explosión de prata emerxeu unha figura branca.

-Sesos de Mono!

-Sesos de Mono. Flotou no ar un intre, cara a cara co enxendro negro, e quedaron alí, quedos, sen facer nada.

“Logo, os Koalas depuxeron as armas e, antes de que pudiésemos preguntarnos por qué, todo estalou en cores. Digra remexeuse, hinchouse, fixo un ruido de carne cortada, e explosionou cegándonos a todos cun mar de cores que o inudou todo á redonda coma un caledoscopio xigante. Cando as luces remitiron, todo o que quedaba de Digra era un corazón negro xigantesco, palpexante e fumegante, flotando sobre o foso. Sesos de Mono so se achegou lentamente a el, tocouno, e fixoo arder ata que desapareceu en cinzas do vento.

“Despois fixo o propio cos koalas rendidos, e veu canda nós andando.

“Foi enton que deixou de brillar. Recuperou a súa insá cor verde, e caeu redondo no chan.

“-Digra acabouse- dixo, cunha voz de grava fundida.

“-¿Está morta?

“-Digra non pode morrer. É un ideal, mamón, e os ideais non morren. Pero rematou.

“Desmaiouse.

“E, con iso, so quedou facer limpeza.

Cando Gundrass rematou de contar a historia, quedei un anaco calado intentando asimilalo. ¡Digra estaba fora de xogo! Obviamente había moitas preguntas… ¿que sentido tiña isto? ¿que fora de Sesos de Mono? ¿Que fora aquela cousa branca da praza?

Pero, no fondo, so había unha pregunta que fose obrigado facer.

-Gundrass…

-¿Si?

-¿E os Monos Solubles? ¿Estaban alí?

-Non que nos saibamos. Siguen vivos.

– ¿Preparando un novo ataque?

-É de supoñer.

-Ahá.

Chegou unha enfermeira coa pel encarnada e serviume unha taza de café sobre unha bandexa branca de madeira.

-Gracias-. Dixen. E, logo dun intre, engadín: -Ei, Gundrass, ¿e ti como perdeches a perna?

Riu.

-Oh, apostara co Comandante Vielorrussky a que non gañabamos a batalla nin de coña.

-¿Si? ¿E que pasou ao perder?

-Tiven que facer malabares cunha mina antipersoa.

-Ah…

Seguín bebendo no café, e entroume o sono.

FIN

3 Comentarios

  1. […] súa “troupe” de afeminados de olletes anchos que fan chamar “resistencia” acabaron con Digra, […]

  2. Porcos.

  3. E non o digo polo de que vos guste vestirvos de muller maltratada e recibir mangueirazos negros polo recto ao ritmo de bachata, que tamén.


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

  • Calendario

    • Xuño 2008
      L M M X V S D
      « Mai   Ago »
       1
      2345678
      9101112131415
      16171819202122
      23242526272829
      30  
  • Buscar