O VERDOSO VERDE DE COR VERDE VERDEA A VERDE PLANICIE QUE ANTES ERA VERMELLA (E PUUUÚTREFAAACTA), E MOSTRA CUNHA LIXEIRA BRISA O COMEZO DO ESTÍO ANTE A ATÓNITA MIRADA XIGANTE DOS RAPOSOS ESTRELADOS E OS PAXAROS DE LUME (CHÁMANSE ASÍ, PERO NON SON DE LUME-LUME PROPIAMENTE, SON MÁIS BEN COMA FORNOS ELÉCTRICOS. OU COMA TOSTADORAS. SI, MÁIS BEN COMA TOSTADORAS -dise torradoras, ¿non?-) QUE SOÑAN CON DÍAS MELLORES POR VIR E LOITAN POR ESQUECER O TREMEBUNDO PASADO DE NOITES INVERNAIS INFERNAIS QUE ACONTECERON ARREDOR DELES, SOBRE ELES, ENTRE ELES, BAIXO ELES E DENTRO DELES. ¿QUE ACONTECEU? NINGUÉN O SABE A CIENCIA EXACTA. PERO O MUNDO É MÁIS MELLOR E AMPLO PARA SEMPRE E POR SEMPRE E POLOS DÍAS DOS DÍAS DOS DÍAS DAS NOITES DOS MERIDIANOS PARALELOS AO EIXE VERTICAL DO HORIZONTE. ASÍ SEXA, AMÉN. ¡QUÉ GLORIOSA NEVE A QUE CAERÁ NO INVERNO FUTURO! BRANCA E CARGADA DE OLLADAS SILANDEIRAS NO DESFILADEIRO DO PANADEIRO PANDEIRETEIRO. FERREÑA, FERREÑA, FERREÑA. FERREÑEA A FERREÑA DARREDOR DO LUME QUE ERGUEMOS COMA UN TOTEM SEN FORMA, E BAILEMOS (ou, llea) DANZAS ESPIDAS COMA TRIBOS PAGÁS PAGADAS DE SI MESMAS POLA NOITE DA VICTORIA NUNCA XAMÁIS ESQUECIDA: O MONSTRO DOS PESADELOS XACE MORTO AO CABO, CUNHA LANZA NO CORAZÓN E OS OLLOS PERDIDOS. OS PENSADOS PENSAMENTOS DOS PENSADORES SON LIBRES DE FLUÍR DE MENTE EN MENTE E DE BOCA EN BOCA COMA BICOS HÚMIDOS, BRANDOS, LENTOS, PROFUNDOS, QUE SE MERGULLAN E ESTREMECEN O PEITO E CALMAN OS ESPÍRITOS DE DOUS EN DOUS, DE TRES EN TRES. E DANZADE, ¡DANZADE MALDITOS! A NOITE NOVA NON AGARDA POLO DÍA, QUE CHEGA.

recollan os seus calzadores no posto que hai instalado no hall do teatro

  • Calendario

    • Xuño 2008
      L M M X V S D
      « Mai   Ago »
       1
      2345678
      9101112131415
      16171819202122
      23242526272829
      30  
  • Buscar