NECROLÓXICAS!

So unha cousa me podía sacar do meu letargo simiesco e poñerme de novo a escribir sobre a fría superficie dixital deste Noso Vello Blog Efervescente. Unha violenta sacudida no rostro e nos hombros (unida ao feito de que por fin me deu por buscar a contraseña de wordpress pra usala no ordenata novo…) puxo ao Voso Humilde Amo a escribir o que máis feliz e chachipiruli o fai neste mundo… ¡As necrolóxicas!

¿Quen palmou? ¿Quen palmou? Rumblerumblerumble… Os ecos resoan nos pasillos levando esta pregunta dun lado a outro coma nunha partida de frontón esquizoide… Rumblerumblerumblerumble… pois o afortunado gañador dun boleto de saída deste puto-inferno-ao-que-chamamos-vida é…

¡¡PAUL NEWMAN!!

O cáncer, qué fillo de puta. Xa nos levou ao prota de Tiburón (aquí poría un link se non fose tan acojonantemente vago e se a miña conexión non fose tan rápida coma un caracol sinusítico en lemans) e agora atacoulle o pulmón ao vello Newman, un dos tíos máis acojonantemente molonguis que xamáis tiveron o honor de ter diante as cámaras de cine e tamén soño húmido de moitas mulleres cando era algo máis que un buen mozo.

Quen o vise con Robert Redford saberá que estamos falando dun tipo capaz de mangarlle planos ao gran robert sen falar nin moverse, só estando ahí. E quen teña visto La Leyenda del Indomable sen dúbida será consciente de ter contemplado o verdadeiro significado de MOLAR. 

[YOUTUBE=http://es.youtube.com/watch?v=kNyl6gXLMLQ]

O home deixou este cruel páramo cheo de sexo e rockanrol… DEPutamadre…

A súa última peli foi doblando a nonseiqué personaxe en “cars”, pero como somos xente con clase é mellor que o recordemos pola súa última Peli De Verdade: roud tu perdixion. I é que o tipo se retirou cunha boa peli facendo un moi bo papel, non como o capullo de Sean Connery. Aaaah, Sean Connery, bailarei na túa tumba por terte retirado coa Liga dos Homes Extraordinarios, bastardo escocés fillo de puta… 

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

  • Calendario

    • Setembro 2008
      L M M X V S D
      « Ago   Out »
      1234567
      891011121314
      15161718192021
      22232425262728
      2930  
  • Buscar