agora, un mensaxe dos nosos patrocinadores do PPP (Partido Progresista Pornográfico)

Irmáns e irmás! Irmás e irmáns! O inimigo… retrocede!

Fai xa catro anos que advertín ao Goberno deste país nobre do que ocorrería se non deixaban que a xente fixese o que a xente debe facer! Pero… fixéronme caso? Noooon! Ooooh, nooon! E por que? Por que credes que non me fixeron caso? Eu diréivolo, amigos e amigas, amigas e amigos, porque eu son sincero: non me fixeron caso porque  o goberno non pode deixarnos, a  nós, o pobo, facer o que debemos facer porque non son conscientes de qué deben facer para que fagamos o que debemos facer e, o máis importante, non saben sequera que é o que debemos facer e, por tanto, o que facemos, faremos e fixemos! Porque non viven na rúa, amigos! Porque están alonxados da sociedade e dos cidadáns que constitúen a democracia desta nación! Iso é, amigos, o que ocorre neste país, en que os representantes do goberno non fan o que deben facer pra facer que nós fagamos o que debemos facer porque non viven entre nós, o pobo. Por iso estou eu aquí, amigos! Eu non son un mesías, nooon! Non son un salvador, nin unha figura mítica. Non me considero mellor que outros homes, senon, simplemente, un home (podería ser unha mullere) que sabe qué facer cando se deben facer as cousas, ¡porque eu son da rúa, camaradas! Eu son da rúa, e os meus compañeiros da oposición son da rúa! Non se pode ir polo mundo sen ser da rúa, porque entón, ¿que nos queda? Nada! se un non é da rúa, de onde é? Direivolo eu, amigos e amigas, amigas e amigos! Non é de ningunha parte! Imos a deixar que nos goberne catro anos máis un executivo que non é de ningunha parte? Que faría iso de nós? De onde seríamos? Da rúa? Si! Pero de qué rúa, se está en ningunha parte! Queren romper o noso país e levalo a augas internacionais, oh, pobo! E non pode ser porque alí fai frío e alí é onde viven as baleas (ás que por certo hai que salvar) e… acaso somos baleas?? NON! eu digo, NON! Por iso o eslógan do meu partido para estas eleccións será “NON SOMOS BALEAS!”. Stop, goberno! Deixade de tratarnos coma baleas e deixade que exerzamos o democrático goberno de elexirme como novo presidente deste país que está nun sitio! Porque este país estará na rúa cando eses paifocos saian da Casa Grande e empecemos, unha vez máis,a  facer o que debemos facer cando debemos facelo e polo que o facemos cando facemos cousas que non son cousas de balea!

He dicho!

2 Comentarios

  1. Todo iso para decir que es un puto vagabundo?

    Pois saiba que teño unha camiseta para vostede, Sr Presidente(do partido de vagabundos e tirados):

    http://www.prankplace.com/tshirts_plentyofchange.htm

    And i Knon You Knew the News!

  2. Non somos baleas, señor axitador do goberno!
    Lacaio!
    Esquirol!


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

  • Calendario

  • Buscar