Buenobuenobueno, ¿qué tenemos aquí?
Sep, fun a ver rocanrrola pra comprobar se Guy Ritchie volvía (despois do seu divorcio con Madonna) a ser o pavito que dirixira Snatch ou se a succión de neuronas á que se veu sometido durante o seu emparellamento e conseguinte fagotización o transformara xa pra sempre no director de Barridos por la Marea…
E sep, xente: Guy Ritchie volve a molar.
Bue, máis ben volve a facer boas pelis, porque está claro que ninguén que se chame “Guy Ritchie” pode molar.
(Quizáis dirixe tan ben pelis así de violentas debido ao bulling que (sen lugar a dúbidas) sufriu durante a súa infancia-adolescencia).
Empecemos pola pregunta obvia: ¿a cousa vai de rock? Nah. Bue, haber hai un rockero de gran importancia na trama que resulta ser un personajazo do máis entrañable, pero o que na peli pulula ás súas anchas é mais ben iso do que máis controla o tío que dirixiu Lock and Stock: pseudo-gángsters, violencia a cubos, diálogos ben feitos e cámaras colocadas onde ao Home lle sae da punta do Gran Cipote. De feito hai unha cámara no teu escroto agora mesmo, e Guy Ritchie púxoa ahí.
Que máis dicir…?
…
Veña, xa está. Como non me vou a matar a comentar os aspectos técnicos e narrativos do filme mellor ide a vela, matados. Quedádevos con Gerarld Butler (na peli chamado Uno Dos), aprendede a dar hostias co exterior da man, a follar en catro planos cortos, a NON bailar lento con homes, e de paso acordádevos de The Dark Knight cando vexades qué cojonudo uso se lle da aquí a un lápiz por parte do xa citado rockero.
¿Qué máis se pode pedir desta peli?
¿Unha segunda parte?
Bueno, ¿quén sabe?.
…
…
Ah, e…
…que non se me descargue isto, oies…
…xente que PAGA por ver Spirit e Ultimatum a la tierra non debería racanear por ver a mellor peli en meses no cine.
Tsk.
Voullo dicir ás vosas nais, desvergüenzados!
Que por certo, deberían estar a chegar…
Deixar un comentario
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta