Keanu Reeves. Keanu Reeves…
Ese nome non se di: paladéase. E non é so porque “Keanu” sexa a palabra hawaiana para dicir “brisa fresca sobre as montañas”, o cal anticipou xa de nacemento a singularidade que acompañaría sempre a este home, senon porque cando falamos de Keanu Reeves falamos non dun actor ou un gran actor, senon dun GRANDÍSIMO AGHTOR!.
A xenialidade é difícil de descubrir, pero ahí está: no aspecto monxil do bo de Keanu. Os grandes actores, os Brando, Pacino, De Niro ou Nicholson caracterízanse por interpretar aos seus personaxes de forma única e memorable, pero deixando presente a súa impronta persoal: os xestos, as miradas, os tics… que descubren a grandeza innata destes GRANDES.
Pero, ¿que fai un AGHTOR? Un AGHTOR lévao, como é lóxico, máis aló. Ignorantes bakalas e inflados gafapastas dirán que Keanu sempre interpreta a Keanu, pero eu digo: “basta!”. Keanu non se repite: Keanu establece co espectador un deliverado xogo metatextual nos seus papeis. Desa forma, cando un observa ao personaxe, Keanu sáese da cuarta parede, directo ao espectador, e recórdarlle ao mesmo, de forma instantánea, eses outros papeis que o fixeron grande, multiplicando así o disfrute xeral da producción na que “a Brisa Fresca Sobre as Montañas”(BFSM) Reeves participe en cada momento.
¿Que máis se pode pedir? Seguir lendo