Keanu Reeves: ese AGHTOR!

Keanu Reeves. Keanu Reeves…

Ese nome non se di: paladéase. E non é so porque “Keanu” sexa a palabra hawaiana para dicir “brisa fresca sobre as montañas”, o cal anticipou xa de nacemento a singularidade que acompañaría sempre a este home, senon porque cando falamos de Keanu Reeves falamos non dun actor ou un gran actor, senon dun GRANDÍSIMO AGHTOR!.

A xenialidade é difícil de descubrir, pero ahí está: no aspecto monxil do bo de Keanu. Os grandes actores, os Brando, Pacino, De Niro ou Nicholson caracterízanse por interpretar aos seus personaxes de forma única e memorable, pero deixando presente a súa impronta persoal: os xestos, as miradas, os tics… que descubren a grandeza innata destes GRANDES.

Pero, ¿que fai un AGHTOR? Un AGHTOR lévao, como é lóxico, máis aló. Ignorantes bakalas e inflados gafapastas dirán que Keanu sempre interpreta a Keanu, pero eu digo: “basta!”. Keanu non se repite: Keanu establece co espectador un deliverado xogo metatextual nos seus papeis. Desa forma, cando un observa ao personaxe, Keanu sáese da cuarta parede, directo ao espectador, e recórdarlle ao mesmo, de forma instantánea, eses outros papeis que o fixeron grande, multiplicando así o disfrute xeral da producción na que “a Brisa Fresca Sobre as Montañas”(BFSM) Reeves participe en cada momento.

¿Que máis se pode pedir?

Así, BFSM Reeves non só actúa: AGHTÚA. Coma o personaxe mesiánico de Neo (para o cal apenas precisou actúar, pois o poder está en BFSM), Reeves salva a Industria do Cine levando aos seus personaxes máis aló da débil farsa do actor: BFSM non interpreta aos seus personaxes. ¡A capacidade de BFSM é tal que os personaxes o interpretan a el!

¿Quen dixo que Keanu (perdón, BFSM) Reeves interpretou mal a John Constantine en (uhm…) “Constantine”? O personaxe dos cómics é un cabroncete cínico de Liverpool cun humor inglés sarcástico e bastante atractivo para as churris: fuma como un camionero, emborráchase coma un porco, e dedícase ao espiritismo de forma heterodoxa. Pero isto na peli non acontece así, sendo o personaxe máis ben unha especie de (coff) Neo enfadado… ¿Qué ocorreu? ¿Acaso BFSM non era tan bo actor como pensamos? ¡Non pode ser! ¡É imposible nun actor que transmite tanto con so xirar levemente a cabeza a un lado! ¡Un actor que se camaleoniza con cada torcedura de beizos!

keanu-reeves3

 

 

 

reeves-keanu

keanu-reeves2

As moitas caras de BFSM

 

Non! Reeves non a cagou! Reeves, como Axente do Orde na Terra que é (non en van era gran amigo de River Phoenix, ese outro Grande), establece unha relación de simbiose co seu personaxe e cámbiao. Non esperedes ver, pois, a John Constantine, senón a John Constantine imitando Keanu Reeves! ¿Que mais se pode pedir? Espectadores inanes piden que cambie de vez en cando de expresión, como cando se rebaixou ao nivel de actores “normais” nesas infrapelículuchas de “Drácula” ou “A Scanner Darkly”, nas que dinamitou as faladurías sobre a súa condición de robot autómata.

Pero… non nos vaiamos do fío… falábamos da gran AGHTUACIÓN de Reeves en Constantine, no que o personaxe é afectado pola figura metacinematográfica do Actor. Pero isto non é nada, porque BFSM pode ir máis aló, rizar o rizo, e ofrecernos en “Dueños de la Calle” (esee film no que sae House, pero non importa) unha lección maxistral que pasará á Historia do Cine, interpretando a un policía cínico e jodido que interpreta a John Constantine interpretando a BFSM!!

Awesome!

Osom!

Pero Keanu quería ir máis aló.

(Ou, mellor dito, BFSM).

Era difícil superarse en Ultimatum a la Tierra (The Day the Earth Stood Still), que prometía ser unha Obra Mestra en canto supoñía un remake (que significa en inglés “ahora vamos a hacer lo de antes, pero bien”) do clásico de Ci-Fi dos 50 do mesmo nome que fora protagonizado por Michael Rennie, un actor de capacidades expresivas similares (aínda que non tan sorprendentes) ás do amigo Reeves. Pero, ante este reto, A Brisa que Flota Entre os Alpes Suízos creceuse e deunos unha nova lección de cine.

Reeves é, ante todo, un outsider. Un auténtico Hartista preparado pra romper os cimentos do arte convencional tal e como o coñecemos. Ante a perspectiva desta película, Reeves quixo recordarnos a todos a futilidade do artista dentro da obra e, neste caso, do actor dentro da película. Así as cousas, asistimos en Ultimátum a la Tierra a un proceso de fusión do actor coa película: o espectador chega a non darse conta de que Keanu Reeves está en pantalla, pois quere demostrarnos que o actor non é realmente necesario dentro dun filme.

¡Loor á Brisa Matutina dos Campos de Algodón! Nunca veremos algo igual nunha pantalla de cine. Salvo, quizáis, cando un menda vexa JCVD, esa na que seica Van Damme actúa a hostia de ben (??).

Bueno.

E creo que está todo.

Isto que expuxen hoxe aquí son feitos que sen dúbida este Comité pode comprobar.

Deixo ás súas Señoría coa conciencia abatida por ter dubidado algunha vez deste actor, encarnación vivente do ideal espartano da inmutabilidade e o único ser humano capaz de manterlle a mirada a un tigre de bengala. Aporto, por último, un documento no que se aprecia a capacidade deste AGHTOR para esvaerse no decorado cando fai falta, deixándolle así a escena enteira ao máis limitado actor Al Pacino e reforzando así a característica monologuista desta actuación:

Tadaaaám.

7 Comentarios

  1. ….

    RiiiiiiiiiiiiveR (LLLLLLLLL)

    ^^

    *·~… k*a …~·*


  2. vale

  3. Por certo, a 1ª persoa singular do verbo “saber” no contexto “saber a fresa” é “eu sei a fresa”.

  4. iSo sÖ cHe impoRta a Ti ¬¬

    veRdä ?

    *·~… k*a …~·*

  5. iba a comentara algo pero….

    …mellor non me meto

  6. Botellón, Estadio, Camiseta Nariz, Puño Americano, Sangue, Golpe, Esqueiras, Caída, Moratón, Ambulancia, Hospital, Enfermeira, Tranquilizante, Coma, Soño, Beatles, LSD, Morfina, Holmes, Moriarty, Malo, Conquista, Nazi, Europa, Renacemento, Cultura, Vitalidade, Xuventude, Festa, Alcohol, Botellón…
    Estadio.

  7. Radiocuadratura da Materia Oscura do Universo=Verde=Forza de Vontade.


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

  • Calendario

    • Febreiro 2009
      L M M X V S D
      « Xan   Mar »
       1
      2345678
      9101112131415
      16171819202122
      232425262728  
  • Buscar