Jim Lee, Jim Lee, qué XENIO! qué AUTOR! qué MESTRE!
Isto é unha portada que Jim Lee, debuxante comiquero superventas, fixo para un dos números da miniserie “Batman: Silencio”. Batman asexa, imponente e amezante, sobre unha gárgola mentras a súa capa se extende no vento de Gotham. E a batseñal está activada.
Isto outro aparecía na portada que realizou para o tomo recopilatorio de dita miniserie. Batman asexa, imponente e amezante, sobre unha gárgola mentras a súa capa se extende no vento de Gotham. E chove.
Velaquí a portada realizada polo xa citado Jim Lee para o cómic “Batman: Barcelona”. Batman asexa, imponente e amezante, sobre unha gárgola mentras a súa capa se extende no vento barcelonés. E a Sagrada Familia non ten grúas.
Do todo isto eu saco unha conclusión!
Batman
tío
Eres unha puta primadonna.
Deixar un comentario
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta