A A o A

Sei que andiveches buscando un nome, unha pista, un trazo de xiz que insinuase a miña existencia, e non podo facer menos que agradecerche o regalo e pode que gabarche os ollos.

Pero penso que non estás todo o atenta que debes ás sinais que che deixo no camiño. Aquela tarde no cemiterio de trens, cando que viches ao cadelo arrastrarse a morrer debaixo do solpor, trataba eu de mostrarche unha metáfora da miña propia situación. Por iso lle din ese subliñado de música de western, ao Morricone. A súa sombra esvaeuse entre os raios alaranxados que inundaban o horizonte, e non se soubo máis del.

Teño entendido que resucitou nunha vila californiana en 1879, coma un anarquista pistoleiro dez veces condenado á forca. Pero son rumores, e debido á miña natureza non podo darlles máis importancia da que teñen. A cal non deixa de ser moita. Manteñen viva a miña esencia e cambian a miña cortiza. O meu espírito mécese debaixo dalgunha raiola de sol filtrada polo piñeiral. O oco da bala que me matou segue ardendo pero xa estamos acostumados.

Colle o carro e diríxete ao Nordés ata que non poidas seguir avanzando máis. Saberás atopar a X que garda o segredo da xente coma min, e é entón que, por fin, serás lenda.

Ei, ei, ei, ei… ¡EI!

Se tes diarrea, intenta acordarte de tirar da cadea para que non me atope eu coa versión “pin y pon” dun pozo negro. E as manchas de popó pegadas ás paredes to wc valas limpar TI.

Dito isto, recórdolle aos señores pasaxeiros que o blog non estaba morto, estaba de parranda. Cunha barra de metal atravesandoo de lado a lado, pero somos fuertes.

Hasta la victoria siempre.

Noticias de última hora: The Dig segue descargándose a dous Km/hora, batendo así o record imposto por Die Hard fai dous anos.

O handicap é ainda máis severo se temos en conta que The Dig ven partido en tres metades. (Sep, “metades”, porque se Deus pode ser un e trino, The Dig non se queda atrás).

Escoitemos un clásico da música efervescente:

E recordemos, recordemos, recordemos:

Dito isto, atendede a Corto Maltés.

  • Calendario

  • Buscar