ALL STAR SUPERMAN MOLA O QUE NON ESTÁ ESCRITO

All-Star-Superman-Vol-1-SC

 

Hai:

Devoradores de soles, copias bizarras de Superman que habitan un planeta cúbico que se interna no infraverso, xigantes azuis con nitróxeno líquido en lugar

de sangue, un reino de lagartos baixo a terra ao que emigraron para evitar a extinción na era dos dinosaurios, kryptonita negra, viaxeiros espaciotemporais, o Escuadrón Superman do futuro, 

un cronóvoro, Krypto o supercadelo, un cáncer mortal provocado nas células de Superman por achegarse demasiado ao sol, laboratorios da organización científica P.R.O.J.E.C.T. na cara oculta da lúa, un Lex Luthor malo por natureza, fracs multicolor,

Jimmy Olsen como un moderno popero que se transforma en cousas, Frankenstein sobre xeo, médicos nanoscópicos, misións tripuladas ao sol, Zibarro: o bizarro imperfecto que escribe poesía, Solaris, o malvado astro intelixente, o reino dos mortos kriptoniano ao que van tras

absorver toda esa enerxía solar vermella, a cidade embotellada de Kandor, unha forxa capaz de crear luz comestible, o Superman Descoñecido, elixires capaces de duplicar os superpoderes de Superman, “haikus” que definen o campo unificado, Clark Kent máis torpe que nunca,

o titular da morte de Superman escrito por Superman coa colaboración de Lex Luthor, parábolas mitolóxicas e paradoxas temporais.

Ala, tododios á Gata Tola.

E eu sigo mirándome aos autores expresionistas, que o martes toca exame. 

.

  • Calendario

  • Buscar