ALL STAR SUPERMAN MOLA O QUE NON ESTÁ ESCRITO

All-Star-Superman-Vol-1-SC

 

Hai:

Devoradores de soles, copias bizarras de Superman que habitan un planeta cúbico que se interna no infraverso, xigantes azuis con nitróxeno líquido en lugar

de sangue, un reino de lagartos baixo a terra ao que emigraron para evitar a extinción na era dos dinosaurios, kryptonita negra, viaxeiros espaciotemporais, o Escuadrón Superman do futuro, 

un cronóvoro, Krypto o supercadelo, un cáncer mortal provocado nas células de Superman por achegarse demasiado ao sol, laboratorios da organización científica P.R.O.J.E.C.T. na cara oculta da lúa, un Lex Luthor malo por natureza, fracs multicolor,

Jimmy Olsen como un moderno popero que se transforma en cousas, Frankenstein sobre xeo, médicos nanoscópicos, misións tripuladas ao sol, Zibarro: o bizarro imperfecto que escribe poesía, Solaris, o malvado astro intelixente, o reino dos mortos kriptoniano ao que van tras

absorver toda esa enerxía solar vermella, a cidade embotellada de Kandor, unha forxa capaz de crear luz comestible, o Superman Descoñecido, elixires capaces de duplicar os superpoderes de Superman, “haikus” que definen o campo unificado, Clark Kent máis torpe que nunca,

o titular da morte de Superman escrito por Superman coa colaboración de Lex Luthor, parábolas mitolóxicas e paradoxas temporais.

Ala, tododios á Gata Tola.

E eu sigo mirándome aos autores expresionistas, que o martes toca exame. 

.

8 Comentarios

  1. Pois a min esa imaxen non me convence, que se mete Superman?

  2. Toma o sol, e esa imaxe mola mil, porco ignorante.

  3. Xa, olvidabame da reacción da sua quimica alienixena ao noso sol amarelo, desulpe.

  4. ¿que parte de “un cáncer mortal provocado nas células de Superman por achegarse demasiado ao sol” non leches? De feito, o argumento da serie é ese: superman supercanceroso.

  5. Pero canto de supercanceroso? Ponse a facer cristal?

  6. Imaxina que tipo de cáncer pode ter un tío que sube e baixa da estratosfera sen despeinarse. Unha pista: na súa fase final ata brilla xD.

  7. Sobredosis, tendo en conta que se droga con merda radiactiva

  8. Buen, acabo de ler o post(seeeeh xD), como que un reino de lagartos baixo terra??? E teñen problemas cun fontaneiro?

    “O sol tan ardente e cruel
    me queimou tuda a piel.
    Tenía queimado tudo
    de la proa hasta la popa,
    que ni siquiera desnudo
    podía aguantar a ropa.”

    Maldito Sol asesino!


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

  • Calendario

  • Buscar