Señoras e señores, comeza unha nova era. Os monitos monoevolucionan a formas mais efervescentes, víctimas dun novo deseño. ¡¡Os aliens amarelos que nos crearon viñeron a resetearnos, para que puidesemos continuar con maior forza e dinamismo a nosa loita polo sensentido mundial e os dereitos das morsas!!
Ademáis, foinos proporcionado por Reus Noso Deñor un novo logo baixo o que escudarnos e facer fonte ás balas das temibles hordas de homes-cartón que asolan as praias de Nova Starfield.
Xa só nos queda facer o rito satánico nocturno de rigor para seguir adiante. Se por algunha casualidade nos le unha virxe nubia consagrada a Osiris, que por favor se poña en contacto connosco in-me-dia-ta-men-te.
Agora tiñamos programadas unhas emotivas palabras por parte do novo Presidente da Asociación de Xogadores Deformes de Ping Pong, pero ao ter este a boca no cu e surxirlle unhas imprevistas almorranas, xuzgámolo inconveniente. Lamentamos o suceso, pero a cambio abrimos o bufé libre antes pra que poidades fartarvos a gambas con mermelada de patacas.
Os postos no exterior do recinto, dispoñen xa de todo tipo de merchandaisin, figuritas, camisetas, tazas, pegatinas….todo cuns prezos realmente apetitosos:
A MEMBRO AMPUTADO* A UNIDADE!!!!!!!
Disfruten da Xornada de Celebración Efervescente!
Silluleiter!
By Monito Efervescente Nº1 & Monito Efervescente Plus 2.0, A.K.A Monito Efervescente One Plus.
*Recollida de membros para fins solidarios.
3 Novembro, 2007
Categorías: A ANTERIOR RESIDENCIA, EDICTO EFERVESCENTE (axitar antes dusar), FUUUUUUUUUSIÓN!!!!, Novas novas. . Etiquetas: escrito punk, Fusión de monitos por un fin maior, música dadá, Novas novas., Tag tag tag . Autor: Monito Efervescente Plus 2.0 . Comments: 7 Comentarios