A Batalla en Digra: Alto o Fogo!!(estamos a 22 de Maio)

Diríximonos ao Norte, cara Digra, abríndonos paso entre zombies azuis explosivos e koalas ninjas polos desolados páramos de neve negra.

No pequeno val de Perde-Toda-Esperanza empezamos unha cruenta escaramuza na que se nos superaba en proporción de 3 a 1, pero soupemos aproveitar a nosa posición máis alta no terreo (e as inclinacións cubistas da División Escarlata, as tropas de élite comandadas polo Xeneral Ploff) e igualar a contenda nun mar de sangue e queixas varias.

Pero, de súpeto… de súpeto… unha luz lampexou no ceo. Ao principio pensamos que sería algún arma inimiga, pero non era máis que unha Bengala Branca de Tregua lanzada polo bando contrario. Alguén do noso bando lanzou a súa case ao momento.

“¿Tregua?” Parecíamos preguntarnos todos, amigos e inimigos, ata que alguén o dixo:

“Coooooño, que é hoxe!”

O silencio apoderouse do val, e ambos bandos retiraron os seus cadáveres e marcharon polo seu lado.

A próxima vez que nos vexamos, teremos algo do que falar mentras nos destripamos coloridamente.

Continuará.

A batalla en Digra: Gloriosas luces dun triste mencer

BAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAH

(e mais nada)

A batalla en Digra: E Mais.

(despois diredesme que enviastedes dous destructores, pero …)

(¬¬)

A Batalla en Digra: Interludio Informativo.

Haberá quen diga… “bu, e seica tiráchedes/tiraron a bomba en Londres e acabou a infernal batalla que ahí se libraba. Pero eu nada oín de tal batalla, e Londres está en pe”

Qué ignorancia.

A batalla non se percibe en edificios caídos e trincheiras ao lado do támese, senón na morte que inunda o corazón dun esputo malnacido, na luz radiactiva da mañá cortando melóns, na perda incongruente de obxetos acristalados que pertenceron á túa avoa.

Londres:

Se te fixas, verás cabalgar a Eternidade na súa brisa.

Se non, podes flipar un anaco coa música, que igual che parece que tarda en arrancar pero que mola máis ca ti.

Pringao.

(Nah, non era unha excusa para poñer música. Paréceme fatal que se me acuse de tal cousa)

Digra’s Battle.

Lots of Enemies.

Seguir lendo

A batalla en Digra: tomo 1

Primeiro pasamos a través dunha cortina de fume laranxa mentalmente hormonado que case nos fixo arder as ás do Megaplano. Logo disto puidemos ollar con asombro cómo, moi por debaixo de nós, se extendían ata o horizonte as grandes extensións chairas de neve negra e herba vermella, e vimos poboamentos koalas salpicados de horrendas construccións de planta pi-tagonal feitas de ósos, carne e vísceras.

No centro de todo, o Foso lampexaba luces de cores sonoras que nos cegaron os corpos e nos azularon os paladares.

Isto pareceu durar dúas horas.

Despois aterramos no Val de Gundrass, a sete Km de Digra, onde fomos recibidos por un pequeno escuadrón de Koalas Ninjas e Subotais Zombies Azuis.

(É por iso que o uniforme consta de pañais recargables).

No momento de escribir estas liñas estamos erguendo o acampamento base e queimando os cadáveres inimigos. Seguiremos informando.

Faise noite.

Non se oe vida nigunha na redonda.

A batalla en Digra: toma de contacto

Enviamos helicópteros de recoñecemento a (claro) recoñecer a zona.

Os Koalas querían espertar a Digra en Digra.

Non se podía permitir.

Así que, como xa dixen, enviamos helicópteros de recoñecemento a (claro) recoñecer a zona.

Perdemos o contacto por radio durante cinco minutos. O seguinte que nos chegou foi unha extraña sinfonía monocorde que reproducía o que sen dúbida sería o son da cor verde se a cor verde emitise algún tipo de son.

Despois perdemos contacto coas tropas de terra. Mesmo resultado.

A segunda vez que probamos (esta vez mandando a todo o mundo ben vacinado contra os Ataques Mentais) a mandar xente para recoñecer o terreo, catro dos comandantes cambiaron de sexo de forma espontánea, e a un cabo medroulle unha cabeza de cabra nos intestinos.

Un 60% das tropas restantes sentiu unha necesidade imperiosa de ler a Dickens, e un 20% deu en chorar, botando de menos Maio do 68.

Así que… xa veremos.

Xa veremos…

mmmmh… entón, que?

Si.

Bueno.

Despois do inciso de londres

a historia esta segue.

O necronomicón non ardeu de todo, en marrocos (onde a situación, gracias por peguntar, segue igual), e é de supoñer que o teñen os Koalas.

Sep.

Os mesmos que queren liberar a Digra en Digra.

Mal rollo.

Ímoslle caer enriba con toda a aviación posible.

TIRARON A BOMBA!

¿OU FOMOS NOS?

Da igual.

Acabáronse as trincheiras de  Albión, a loucura do frente de guerra e a batalla sen final. Iso mola.

Porque mima, estaba carísimo mercar en Londres.

Non digamos coller un taxi.

A bomba… ¿tirárona os Koalas ou nos? I dont know! Digamos que foron eles, e lavemonos as mans.

FIN.

Das luces de cores.

Da paranoia do soldado.

Da morte lenta.

Só…cinzas!

(Ah, e roubaron un mapa de Krakovia da Biblioteca)

Estaste a desangrar

Non, non o estou

Si si que estas, mirate, estas totalmete cuberto de sangue

Cala, eres ti o que sangras

Non, non son eu, eres ti o que esta a perder

Non o creo

Pois é asi

Demostramo

É evidente

Para min non

Ei, xa sei que non o queres admitir, a todos nos costa, pero estas sangrando, e vas a morrer

Oh vamos, mirate, eres ti! Deixa que mire si tes fiebre

Non me toques!

Vale vale

Que facemos?

Botamolo a cara ou cruz?

O que?

Quen sangra

A cara ou cruz non, prefiro a pares ou nones

Vale, primeiro votamos unha a pedra papel tesoura para decidir se o votamos a pares ou nones ou a cara ou cruz

Nunca me gustou o de pedra papel tesoura, ademais, se sacamos o mesmo que facemos?

Botamos un pulso

Ti non estas en condicións de votar un pulso, estaste morrendo

E comprensible que non queiras votar un pulso, no teu estado

Si te empeñas, veña, vamos

Ei, espera, con que man, eu son zurdo

¬¬, ei, para xa, vale?

Digoo en serio, si o votamos coa dereita ti tes ventaxa

Enton que queres facer

Cara ou cruz

Ok, cara ou cruz?

Cara

Estas por joder, verdade?

Por?

Sabes que eu sempre collo cara

Enton, para que me das a escoller?

Formalidades, pero sabias que eu sempre collo cara, e ainda asi collichela ti

Ah, agora eu son adiviño

O, veña, sempre collo cara, todo o campamento o sabe

Agora nos somos todo o campamento, e eu non o sabia

Mira, vaite a merda

Vale, pero polo menos faime o favor de intentar sangrar neste cacharro, para as filloas

  • Calendario

    • Outubro 2021
      L M M X V S D
       123
      45678910
      11121314151617
      18192021222324
      25262728293031
  • Buscar