ME!

Clap, clap, clap.

Nova nova supernova. Nunha galaxia far far away, os reivindicativos mártires neozelandeses polos dereitos do falcón sifilítico emprenderon accións turbulentas contra membros do Partido Exterminador de Especies Chorras.

Según testigos, 5 individuos de entre 30 e 99 anos armados con pancartas reivindicativas neozelandesas, penes e cús de goma, irrumpiron sobre as 11:30 am na sala de reunións da base ZXkR-33.A no satélite 17/3, galaxia 7798K, pasada a 3ª nebulosa á esquerda. Os membros do PEEC, indefensos, responderon con fusiles de plasma de nivel 3.

O resultado foi a total desintegración de 3 atacantes e medio, 3 amputacións e 1 vexetalización. Ningún integrante do PEEC resultou ferido.

Do not bury them yet.

Jim Lee ten un estilo propio.

Jim Lee, Jim Lee, qué XENIO! qué AUTOR! qué MESTRE! Seguir lendo

Rockea, rockea, rockea el bullarengue.

Let’s plei don plei de sidí:

Seguir lendo

At midnight all the agents, and the superhuman crew…

…come out and round up everyone that knows more than they do.

Xuro que rachei cando vin a Rorschach acariciando a esos dous pastores alemáns (ya know, no cómic pártelles o cráneo cun coitelo de cociña) e coa escena de “Jon prodúceche un cáncer…¡e transfórmase nun coche!!”

Supera eso, Zack Snyder.

Keanu Reeves: ese AGHTOR!

Keanu Reeves. Keanu Reeves…

Ese nome non se di: paladéase. E non é so porque “Keanu” sexa a palabra hawaiana para dicir “brisa fresca sobre as montañas”, o cal anticipou xa de nacemento a singularidade que acompañaría sempre a este home, senon porque cando falamos de Keanu Reeves falamos non dun actor ou un gran actor, senon dun GRANDÍSIMO AGHTOR!.

A xenialidade é difícil de descubrir, pero ahí está: no aspecto monxil do bo de Keanu. Os grandes actores, os Brando, Pacino, De Niro ou Nicholson caracterízanse por interpretar aos seus personaxes de forma única e memorable, pero deixando presente a súa impronta persoal: os xestos, as miradas, os tics… que descubren a grandeza innata destes GRANDES.

Pero, ¿que fai un AGHTOR? Un AGHTOR lévao, como é lóxico, máis aló. Ignorantes bakalas e inflados gafapastas dirán que Keanu sempre interpreta a Keanu, pero eu digo: “basta!”. Keanu non se repite: Keanu establece co espectador un deliverado xogo metatextual nos seus papeis. Desa forma, cando un observa ao personaxe, Keanu sáese da cuarta parede, directo ao espectador, e recórdarlle ao mesmo, de forma instantánea, eses outros papeis que o fixeron grande, multiplicando así o disfrute xeral da producción na que “a Brisa Fresca Sobre as Montañas”(BFSM) Reeves participe en cada momento.

¿Que máis se pode pedir? Seguir lendo

500

Ni uno más, ni uno menos.

Seguir lendo

Veña

Xogade ao space invaders.

  • Calendario

    • Setembro 2019
      L M M X V S D
      « Set    
       1
      2345678
      9101112131415
      16171819202122
      23242526272829
      30  
  • Buscar