Despois do acontecido co axente McGregor en Sidney, os ME moveron fíos en busca de información ao respecto. Afortunadamente foi posible recuperar todo o que levaba encima o pobre McGregor: un par de clips, unha caixa de aspirinas, tres sugus e unha foto… Seguir lendo →
-Aquí, de novo, as necrolóxicas efervescentes. En Seattle, na túa emisora…
“Radiooooo-Monoooooo”
Si, amigos! E hoxe temos dous cadáveres ex-qui-si-tos, non si, Elwood?
-Así é, Jake. O primeiro en morrer foi o aspecto dos paneis de edición de WordPress, que cambiou o seu aspecto por algo moito mais feo, confuso e epiléptico!
-Wow, tío, iso é aaaaaaaaaaaaaaaaamaaaaaaaazing!
“Son de bocina feito en estudio”
-Si, Jake!
“Son de parrulo graznando, feito en estudio”
-Pero conta, ¿cal é o segundo cadáver de hoxe?
-Non o vas a crer, ¡tío! Agárrense as orellas, radioadictos, porque o posto de presidente da asociación do rifle de américa acaba de quedar vacante…
-Oh, no me jodas que…
-¡¡Si!! Charlton Heston morreu, amigo! Din que lle deu un síncope cando viu “Soy Leyenda” (a de Will Smith) e viu que ata ese truño de peli era mellor que a súa adaptación setentera do libro, “The Omega Men”…
-Wow, a familia estará desconsolada, ¡tío!
-Non te creas, Jake. A Admnistración Bush prometeu un mausoleo para o home ao lado do frigorífico de Walt Disney e da tumba do fundador do KKK.
-Bueeeeeno, Elwood, ¡sempre se van os mellores! Dende aquí queremos homenaxear a este mito da pantalla facendo algo que nunca antes se fixo na radio: ¡poñer un vídeo!
-¡Claro que si!
(Agora en serio, non vos metades con el que era un actorazo… palmou de alzheimer e todo)
(Eh… no. En serio. Que era o Puto Amo)
(Adeus, tío)
Charlton Heston, e un colega (Charltie é o do traxe)
75 anos e un cáncer de glóbulos vermellos fan estas putadas. Palmou Roy Scheider, mítico secundario do cine ianqui e candidato ao Oscar dúas veces: a primeira, como actor secundario por “French Connection”. A segunda e máis merecida, por facelo de reputísima protagonizando “All That Jazz”, nun papel torturadísimo e a hostia de coñero que viña a ser unha metáfora do propio director da peli, o grandísimo Bob Fosse (Cabaret).
Da grande, aplaudida e amada categoría “novas novas” deste Blog Amado por Deus nace una categoria do trinque, que co noso probado dinamismo, audacia, imaxinación e bo facer chamareeeeemos…