It’s here.
We know it.
I knew it.
Did ya’?
Here.
Now.
Crisis.
Seguir lendo
Aquí o xente Waterman, falando desde a Conchinchina Ocupada.
O informe será breve, así que POR AMOR DE DEUS, atendan!!! Seguir lendo
As cinzas de Nambia inda saben a sangue…
Gañamos a batalla, pero os enemigos Koalas son fortes, e a contenda dura xa máis seculos dos que a especie humana recorda.
E, aínda esgotados, seguimos. Cos ósos rotos, co peito falto de alento, co sangue na boca, coa bandeira no chan pero as ideas intactas, seguimos.
¡Da cidade de Nambia foron expulsados! A cabeza do seu líder apodrece hoxe nunha estaca que eu mesmo preparei. E achéganse dende o val do Nuh, ao norte, subidos nos seus vermellos vehículos de morte. Lentos e enormes: un trebón ocre cargado de lóstregos.
Pero serán resistidos.
Nambia seguirá sendo nosa.
Cos corpos mallados e as mandíbulas desencaixadas, ¡seguiremos!
Nos túneles de Moscova, por onde corren coma sombras angulosas, serán barridos.
En Marrocos as balas dos Koalas cóbranse as vidas dos nosos cada día, pero as nosas bombas caenlles onde menos pensan: a guerra de guerrillas non afoga e o desgoberno habita na Administración Koala.
No Ártico intentárono e case o conseguen, pero non foron capaces de infiltrarsenos. Agora sabemos onde se esconden as células Kaghi e qué pretenden. E estaremos preparados.
Xamáis en tres séculos, cando gañamos na III Masacre do Congo, a cousa pintou tan ben para a Liberdade Humana e Dromedaria.
Pero, amigos, camaradas, homes e mulleres e dromedarios: a nosa xente batalla día a día de forma voluntaria. Sofren feridas no corpo e na alma. Sofremos baixas, ¡cada día! E eles, pobres deles, perden o seu corpo. Pernas amputadas pola metralla, brazos cortados polos láser, caras desfiguadas por un obús, ollos cegados polas bombas de proto-luz… e perden espírito se non senten o apoio dos seus detrás deles, detrás dos seus esforzos inhumanos.
Por iso te precisamos a ti.
Únete á loita.
Merca Bonos de Guerra.
E que Deus Amarelo e Todopoderoso bendiga as nosas almas e os nosos corazóns!
Sieg Ola!