Un coñecemento inútil máis: Punisher Meets Archie.

Dou por suposto que todos recordamos a Archie e os seus colegas. Tamén entendo que é de sobra sabido quen é  Frank Castle, Punisher, o Castigador, o da calavera no peito e as ametralladoras xigantes e a barba de tres días, o que te mata cruelmente por saltarte un stop.

Ás editorias ianquis ás veces píraselles moito de dios a pinza e xuntan personaxes para vener máis, pero ninguén di nada, porque, eh, fai coña ver a Superman de colegueo/hostiazas como pans con Spider-man, por moito que non pertenzan ao mesmo universo.

E, ¿que pasa cando Archie Comics e Marvel deciden facerse colegas e sacar un producto deste tipo?

Pois…

Pasa isto

¡¡Iso é un cómic de verdade!! ¡Publicado! ¡Tanxible! ¡En serio!

Nel, un traficante físicamente idéntico a Archie fai aparición en Riverdale (recordemos, o pueblo super-ianqui dos comics de Archie) perseguido por un Punisher sedento de sangue e polos mafiosos que o queren liquidar.

Dito isto só me resta engadir… ¿por que continua inéito en españa?

  • Calendario

    • Setembro 2019
      L M M X V S D
      « Set    
       1
      2345678
      9101112131415
      16171819202122
      23242526272829
      30  
  • Buscar