En Monitos Efervescentes temos tanta clase que mexamos champagne

Ai, Nancy,Nancy, Nancy…  incorrexible.

A boa de Nancy Sinatra quedou tan entusiasmada tras o seu paso polo estudio de Monitos Efervescentes S.A. que non tardou en recomendarnos nada menos que ao seu papá, o finado Frank Sinatra.

O home non o pensou dúas veces.

A cousa sucedeu así:

Estou eu tomándome un baño no jacuzzi da terraza, na miña mansión con vistas ao amañecer do Mediterráneo, e a miña criada #4 traeme nunha bandexa o meu teléfono de ouro soando a máis non poder soar.

Total, que deixo o martini seco (axitado, non revolto) no borde e dígolles ás dúas modelos austríacas que me acompañan que garden silencio, facendo gala da miña habilidade políglota formada nos campus de Cambridge.

E, ¿quen está ao outro lado? Nin máis nin menos que o Grandísimo Frank Sinatra, a Voz, suplicando por poder aparecer no noso show de medianoite.

-Non sei… señor Sinatra…- dixen apurado.

-Chámeme Frank, por favor, Señor Monito Efervescente Plus 2.0… ¿non pode facer nada?

-Pois ti chámame Deus, Frank… todos me chaman así. Verás… teríao que falar cos outros Monitos, e prometéralle a Martin Scorsese que lle faría unha entrevista… temos que contentar aos patrocinadores, ¿entendes?

-¿E que pasa co amor ao arte?

-¿Eh?

-O espírito libre que bate forte as súas ás dentro de nós e nos impulsa a levar o Arte, cargado do mellor e do peor de nós mesmos, máis aló das barreiras habituais: ¡ao corazón mesmo da humanidade!

-…

-…

-Buff…

Así as cousas, e cunha bágoa por valor dun millón de dólares baixando pola miña suave meixela de porcelana, accedín emocionado.

Con todos vostedes, vida do máis aló…….. A Voz!

Poñan os smokings, cabaleiros.

Señoras, señoritas… estarán radiantes con eses vestidos…

Frank Sinatra, ¡¡”My Way”!!

Clapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclapclap!!!!

Unha vez máis, de nada, mundo.

Bang Bang!

Ala. Xa o conseguíchedes, caraconas. Agora raiame “The Rocky Horror Picture Show” de tanto falar dela e comerlle os rubicundos.

¡Pero non pasa niente!. Inasequibles ao desalento, ímonos poñer glamorosos, pasar dos punkarras transexuais de serie B desa gran peli e dar a benvida á gran Nancy Sinatra, que accedeu hoxe a pasar por tan Ilustre blog para cantar dúas das cancións que máis coñecida a fixeron.

Gracias, Nancy…

-Un honor, Monito Efervescente Plus 2.0

-Comezamos? Please, Bob… ¡focos!

¡Caralludo, Nancy!

-Gracias, Monito Efervescente Plus 2.0. Todo o que ti dis chégame á alma.

-Cabe dicirlles aos nosos telespectadores, Nancy, que a canción orixinalmente a cantaba Cher. Pero… nin punto de comparación, por suposto. Esa momia chunga non é digna de lamer o váter no que vomita o teu can… ¿con que nos vas a deleitar tras este “Bang Bang (my baby shot me down)”, darling?

-Vou cantar “These Boots were made for Walking”, Monito Efervesente Plus 2.0

-Por favor, chámame Deus. Todos me chaman Deus… Harry! as bailarinas! comezamos!

(Os Monitos levan boa música aos seus fogares)

  • Calendario

    • Outubro 2021
      L M M X V S D
       123
      45678910
      11121314151617
      18192021222324
      25262728293031
  • Buscar