Había
algunha
solución.
Aaaaah!
Agora, todos a beber infinitos e idealizar pinchacarneiros.
Ith, no alto da torre, ollaba no horizonte aquela lonxana rocha verde. Era inverno.
Ith viaxou só na barca da tempestade, amarrado ao seu cabalo e sen se baixar del.
Ith chegou á illa esmeralda. Ith pelexou.
Ith regresou flotando ás nosas costas cunha lanza chantada no peito. No castelo de cristal do seu papá tocaron as campás de morto, e os animais deixaron de falar, e os mouros refuxiaronse nas súas covas.
O urco saíu da auga a ouvear, presaxio de morte. A lúa chegou antes.
Pola noite, a Morte chegou na súa barca chea de pedras. Tirou unha fóra, pra facerlle sitio á anima do heroi mariñeiro. Logo marcharon xuntos a cruza-lo océano.
Foron á Illa Borrón, onde os Mortos moran. Alí agardaron e agardan a ser chamados.
(En Borrón rin de Avalon, fogar de albionenses mexericas).
“Tengo la sospecha de que tú trabajas, sin que me de cuenta, para el equipo Brabham: eres un mecánico traidor”
“El idiota del Mel Gibson te ha prestado su cara. Da las gracias que no han sido Mickey Rourke o Alfredo Landa”
Nada máis, poden voltar aos seus fogares e seguir apaleando ruiseñores.
Deixar un comentario
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta