Parecía mesmo un can rabioso, un galo de pelexa, anque anestesiado. Preparou a gran frase que levaba tempo querendo soltar, a que ata agora dicirnon puidera… (non por falta de ideas, si por falta de coherencia nelas).

Era difícir para el, ¿sabedes?: Sempre fora o home calado, o tipo pensativo. Dentro del batían fortes como tronos as ideas novas e mailas vellas, as correntes da ar cálido e os torrentes de auga xeada masacrándose atrás e adiante e adiante e atrás (unha danza psicopática). Consciente ou inconscientemente, todo parecía listo desde o comezo nos seus miolos pra levalo a certa autodestrucción. Ese libertarismo individualista, ese lirismo romántico… pro ao mesmo tempo esas consignas gravadas a lume, ese racionalismo feroz que todo o criticaba… idealista nihilista (así o definiría eu, pra subliñar as súas contradiccións en poucas palabras), bailando ao borde do abismo entre a xenialidade do enfant terrible e a loucura do imbécil automasturbatorio: así é como sempre se quixo ver e como nunca conseguiu verse. Nin el nin a maioría da xente que o arrodeaba, non. Porque físicamente non o semellou nunca. El calaba e estaba quedo e non alzou nunca a voz máis do xusto. Os seus xestos calmados e repousados nada facían sospeitar do qué acontecía dentro del. Era dentro onde os titáns se alzaban e ruxían, ou en certas mañás, tardes e noites en que se sentía especialmente tocado por unha musa e declamaba ou ben interesantes cousas con sentido ou ben chorradas pedantes ou ben parvadas escatolóxicas.

Parou un momento. Pensou na vida e na morte (¿cómo me recordarán? ¿canto tempo? ¿quen? Eran as súas dúbidas máis frecuentes a este respecto) pensou no neoplatonismo e no que nas súas viaxes polos monumentos sagrados ingleses aprendera acerca da virtude. Pensou mesmo en dicir algo sobre a sociedade e sobre a economía capitalista… o marxismo, esas parvadas ás que tanto asco soía facer normalmente de tan manidas que estaban, pro que lle interesaban igualmente. Logo desbotouno todo e tentou dicir algo… algo que asimilase e concentrase todo o que el era.

E ao fin o conseguiu. Ergueuse de súpeto, mirounos, mirámolo. O seu rostro un mar de ideas. O seu corpo un monstro en tensión. Abriu a boca, pra dicir algo. (Bonitos ollos escuros que non me miraban a min nin miraban a ninguén) Abriu a boca, para dicir algo.

Pro no último intre, cando parecía que fose a declamar aquilo que nos quitaría o sono e nos roubaría a alma, decidiu non dicir nada. Rápidamente colleu as maletas, deunos a espalda, de vagar e repousado, e sen mediar despedida desapareceu nas tebras do bosque.

Hai pouco vino durante uns cinco minutos. Tiña esa expresión triste e dorida ao principio, anque logo cambiou a un estado case eufórico. Parecía que comezara a fumar, pois un par de winstons baixaron como nada. Mireino e miroume, ao mesmo tempo, e despois a súa cara crevou en mil anacos de sangue e cristal. Foi a última vez que o vin.

2 Comentarios

  1. Chs Chs

  2. Bebeme


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s