AS MELLORES PELIS DE SUPERHEROES SON AS DE SERIE B DO ANO DA PATACA

A continuación a saco de videos que pretenden mostrar cómo de vellas son as pseudo-pelis que adaptan cómics, e, sobre odo, que as mellores e as que tododios debería ver son as pelis de serie b do ano de Cristo. As cutres. As de antes de Blade, X-Men e compañía. ¡As de romperse o cu da risa ou morrer de cáncer cerebral! Cantas xoias por descubrir, siseñor…

Anos 40… surxen as super-pelis do Capitán América. Hai un cristo delas, pero paso de ser TAN matado e poño unha:

E no 43, surxe unha peli do mesmo estilo pero con Batman. Os chamados “seriais”, que eran pelis curtas que se emitían no cine, precedentes das series de agora… así nacen “Batman” e “Batman and Robin”…E, joder, Batman da miedito con esas orellas.

E no 66… ¡Volve Batman coa peli que todos amamos! Quizáis a mellor peli desta lista… Non… ¡Sen dubidalo! A mellor con diferencia.

Non podo esquecerme desta gran peli, ¡porque non deixa de ser unha adaptación e porque mola e porque é de serie b a máis non dar! Barbarella, 1968… Joder con Dino DeLaurentiis. Tanto produce isto como o silencio dos cordeiros.

E, eh: isto emitírono na merda de televisión española que había nos noventa, e data do setenta e sete. Trátase dunha serie de capítulos longos/pelis curtas de Spiderman. Nun momento dado xuntaron 2 episodios e comercializaron o resultado como “The Amazing Spider-Man”. Vean, vean.

E logo repetiron fórmula no 78… “Spider-Man Strikes Back”… pero non hai videos ao respecto. ¿Acaso era necesario? (¿acaso o é este post?). Tamén houbo unha no 79 de mesmas características: refrito de episodios: “Spiderman: The Dragon`s Challenge”. Diormío. ¡¿Por que non as reeditan en DVD?!

No mesmo ano, 1978… ¡telepeli do Dr Extaño! (bua, se pinchades no video pra ir a Ti-Tubo creo -creeeeo- que se pode ver a peli enteira, porque esta e a primeira parte da mesma. Qué emoción, verdá?).

Agora unha xoia de escenón dese peliculón chunguérrimo como el solo do 79: “The Captain America”. ¡Ten casco! ¡E un escudo transparente! ¡E atentos á banda sonora digna do mellor do cine de putis!

E no mesmo ano (je, dixen ano) sacaron a segunda parte, que, anque empece como una teleserie (igual é a mezcla de 2 ou máis episodios, como o amigo Spidey, vai ti a saber) é a archifamosa película “Captain America II: Death Too Soon ” 

Ano 1980 + Freddy Mercury + Dino DeLaurentiis (de novo) = Quero volver a ver esta terribemente sórdida e cutre á par que sempre sorprendente peli. Flash Gordon non precisa presentación. Nin el nin os Homes Lagarto.

Puta mierda de “fan-edit”. Para un vídeo que hai da peli de 1982 da Cousa do Pantano (Swamp Thing, do XENIAL! Wes Craven), e está así de tuneado. Pero bueno, menos da unha pedra.

¡E esta vímola, como mínimo, eu e Denís! O resto dos espectadores creo que estaban sopas, nun eses multitudinarios frikitóns de tres días non-stop de Itaca… Ano do Noso Señor de 1984: o mundo foi un lugar mellor gracias ao estreno desta sórdida peli. Algún día farei un “comentando” dela, porque a teño e da para rato…

E se Supergirl é de coña, non podo pasar de Superman IV… sendo xeneroso podo deixar fora de tan magna lista ese gran truño que é Superman III porque, anque hipercutre, non deixaba de ser unha peli taquillera feita con menos medios do desexable e esperable. Pero “Superman IV: quest for peace” (outra que merece un post pra ela soa) ten pelexas de arañazos radiactivos, murallas chinas reversibles, gravidade na lúa, pelucas con entradas, cabinas de teléfonos que non arden ao entrar na atmósfera, un sisema solar con osíxeno, poderes raros,unha Lois Lane vella e consumida polas drogas e a un Jimmy Olsen de trintaepico tacos. ¡Ata os créditos son cutres! Xenial ano, 1987. Logo o prota caeu da burra (jijiji) e decidiu non facer máis pelis de Supes.

Ano 1989. ¡A puta mellor peli da historia! ¿Por qué se molestaron en facer recentemente unha nova peli de Punisher se a do 89 lles quedou mellor? Recordo vela en antena 3 e flipar, e de que en español se chamou “El Vengador”.

Houbo unha serie de 1990 que ata se emitiu en España (que macordo eu, na primeira) chamada “Flash: el relámpago humano”. O caso é que o episodio piloto era tan “wais” e tan longo que foi estrenado por ahí en plan “Flash: the Movie”. Así que pra o caso colgo a serie, da que hai un pack no fnac (co cal temos visionado obligatorio no próximo frikiton, BWAHAHAHA):

En 1990 volve o Capi… e Redskull ten un dos mellores monólogos da puta historia do cine… Where`s the pen of my aunt?

Igual que con Superman, coas Tartarugas Ninja vou poñer esa obra magna que foi a III (¿qué clase de cocaína lles venderon aos guionistas desta saga?). Paso de dicir nada máis. 1993, ano de gracia.

Roger Corman (autor de insidiosos e perfectos crimes como “Carreira a Morte no ano 2000” e “A saga das mulleres vikingas e o seu viaxe polas augas da gran serpe mariña”) dirixe no 93, anque pareza do 72, esta marabilla de marabillas:

E no 96, a peli favorita dun home moi feo que se fai chamar John  e é catalán, jeviata, grande como un armario empotrado coas portas abertas e friki a máis non dar… Vampirella!! Fijo que tamén lle mola a Silvia Superestar.

E ata aquí por hoxe.

Evidentemente hai máis, peeeeeero con isto xa da para un friitón temático.

E se é Guti quen as baixa igual ata unha delas é como a súa excelsa versión de “Blade Runner: the Putis` Version”.

WOP!

5 Comentarios

  1. Mima, para meterlle esas pintas casi prefiro ao turco

  2. Bua, flipo co teu curro

  3. Bueno, agora que lin o post enteiriño proclamo:
    teño Vampirella e as dúas dos dous Flash (a do superheroe e a do xogador de futbol americano que… bueno, ía dicir loita, pero simplemente pasaba polo espacio porque lle apeteceu)

    P.D. Alucinoume o primeiro Capitán América, o pobre señor nestes momentos debe de estar senil perdido dicíndolle a seus netos: chicos, yo fui el capitán américa, sabíais? E os seus netos riranse del e os pais apartaranos do pobre vello porque cren que minte pois, quen cona se acorda diso!

  4. EH EH EH??? tes a peli de flash??? ¿Por qué motivo non foi vista en ningun frikitón?

  5. E co capitan america pasou algo semellante ao que comentaas, joe:
    o creador do capitán américa estaba cargándose nazis na 2ª guerra mundial cando se estrenu a 1ª peli. O tipo flipou, porque el nin tiña ni puta do da peli, nin de que o comic era hiperfamoso, nin vira/esaba vendo/iba a ver na vida un can. Así que cando lle dixo aos seus colegas de trincheira: “eh, boys, eu creei ao capitánn américa” todos se descojonaron del por pringado de mierda, i é que non era precisamente o seu nome o que aparecia nos créditos como “creador”.


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s