“Cen anos de mescalina e barbitúricos” ou “qué facer mentres metemos o rabo no ano desa furcia tuberculosa”

¿Quen é aquél que nos mira desde o outro extremo da praia, coa frente alzada e os ollos nevados? ¿De qué materia escura se fixo o seu bastón de tronos? ¿De cal o seu manto de espíritos? ¿Que maxia o conxura baixo un ceo gris, sobre unha area branca, fronte un mar falto de alento? ¿Quen é ese home?, dime, nai.

-O Home Cego e Vello non mira, só observa. Observa e verás.

Pai, ¿quen é o Home Cego e Vello? ¿É malvado ou é bo? ¿Por qué está aquí fitando para mi? ¿Cales son as súas intencións e que lingua fala?

-O Home Cego e Vello ten enrugas lentamente enredadas ao redor do corpo todo e unha tea branca tecida por unha prostituta irlandesa pegada á pel das mans. Non é bo, non é malvado e non fala moito. Observa e verás.

Avó, ¿de onde veu, soando a violín e cheirando a acordeón?

-Do Norte onde fai frío e os mortos falan. Do Sur onde o león ruxe ao sol ardente. Observa e verás.

Avoa, ¿no lle tes medo?

-Cala. Observa e verás.

Despois disto seguín xogando a ser unha pequena gramola esquizoide, e de súpeto comezou a chuvia eléctrica. O indio falaba de dadaísmo pero rebatíronlle a teoría os cinco lectores de Proust sentados á chimenea do avó. ¡Qué ironía! Seguín xogando a ser unha gramola esquizoide baixo a intensa chuvia de cable de cobre, e o mundo seguiu igual de absurdo que foi sempre. Nin que decir ten que o Home Cego e Vello xa nunca marchou, e non son aínda capaz de ver. Esfórzome como un cabalo, observo con toda a miña alma, pero os seus misterios seguen sendo misteriosos. A súa cara de lúa, branca. O seu ollar, baleiro. Sigo xogando a ser unha gramola esquizoide, profesionalmente, e non deixa de chover.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s